O Colexio de Enxeñeiros Forestais traslada á Xunta a necesidade de combater o "instrusismo" profesional

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/04/2019 | Actualizada ás 18:32

Comparte esta noticia

O Colexio de Enxeñeiros Forestais de Galicia trasladou á Xunta a necesidade de "pór en valor" ao colectivo e combater o "instrusismo" como vía para "dignificar" a profesión.

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, recibiu este luns ao decano do Colexio, José Fernando Enjamio, que foi electo este mes de abril no proceso de renovación interna da entidade. Así, o Goberno galego e o colexio abordaron vías de colaboración, segundo recolle un comunicado emitido polo departamento de Medio Ambiente este luns.

Deste xeito, os enxeñeiros ofrécense para colaborar en asuntos como o plan de xestión do xabaril e outras especies cinexéticas ou os cambios dos usos do chan. Pola súa banda, Vázquez felicitou á nova xunta directiva do Colexio de Enxeñeiros Forestais, entidade á que convidou a estreitar lazos coa administración.

Rural.- O Colexio de Enxeñeiros Forestais traslada á Xunta a necesidade de combater o 'instrusismo' profesional. XUNTA
Rural.- O Colexio de Enxeñeiros Forestais traslada á Xunta a necesidade de combater o 'instrusismo' profesional. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta