Moción contra a distinción a Fraga como 'Fillo Adoptivo' da Coruña cando era ministro franquista

O BNG quere que o Concello herculino siga os pasos do de Ferrol.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 02/05/2019 | Actualizada ás 19:29

Comparte esta noticia

O BNG presentará, no próximo pleno do Concello da Coruña, unha moción para que a corporación retire ao expresidente da Xunta, Manuel Fraga, a distinción como 'Fillo Adoptivo' que se lle concedeu cando era ministro co ditador Francisco Franco.

Manuel Fraga xura en presencia do rei Juan Carlos o cargo de vicepresidente e ministro de Gobernación do Goberno de Carlos Arias Navarro, en 1975.
Manuel Fraga xura en presencia do rei Juan Carlos o cargo de vicepresidente e ministro de Gobernación do Goberno de Carlos Arias Navarro, en 1975.

Así o informou a portavoz nacionalista, Avia Veira, despois de que a corporación municipal de Ferrol adoptase retirarlle a distinción concedida neste municipio.

Por outra banda, Avia Veira, número dous da candidatura ás eleccións municipais, anunciou que o BNG proporá que a antiga prisión provincial sexa declarada Ben de Interese Cultural (BIC).

Respecto diso, defendeu que o edificio "reúne os requisitos" para converterse en BIC polo "seu valor arquitectónico e histórico". Tamén lembrou que o antigo correccional de Oviedo gozaba desta protección desde o ano 2003.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta