A Xunta Electoral obriga a CA a retirar carteis cos avances acadados en Santiago tras unha denuncia do PP

Martiño Noriega asegura que seguirán informando sobre os logros de Compostela Aberta por outros medios. "Hai máis mundo que a cartelaría", asegura.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/05/2019 | Actualizada ás 15:14

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago de Compostela e líder de Compostela Aberta, Martiño Noriega, asegurou que a formación acatará o requirimento da Xunta Electoral, que lle obriga a retirar os carteis dunha campaña na que difundía os seus "logros" e que fora denunciada polo PP.

No entanto, puntualizou que aínda que "evidentemente", acatarase o requirimento, "non" o "comparte", porque "todas as formacións lanzaron campañas miméticas" e "a única denunciada" é a de Compostela Aberta, na que "non" se pedía o voto e incluíanse "datos obxectivos" .

Na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, Noriega reiterou que se acatará o requirimento, aínda que insistiu en lamentar a denuncia presentada polo PP. Os carteis encabézanse coa frase 'Santiago avanza máis' e recollían referencias ao goberno local de CA en Santiago.

"É un síntoma de preocupación, se Compostela Aberta fixese denuncias sobre campañas miméticas do resto de formacións políticas o ditame da Xunta Electoral sería o mesmo, pero non estamos preocupados polas promesas doutros candidatos, que absorberían varios mandatos orzamentarios en só un ano", incidiu, aínda que sen querer nomear de forma explícita a que partidos ou campañas facía referencia.

Na mesma liña, ironizou que lle "parece moi ben" a "preocupación de todos" por Compostela Aberta e avanzou que a formación seguirá difundindo os seus "logros" por outros medios, porque "o universo da comunicación é diverso e se non se pode estar na rúa estarase noutros sitios".

"Seguiremos falando dos logros noutros ámbitos, que non están condicionados pola decisión da Xunta Electoral, a día de hoxe non todo é cartelaría, tamén hai outras canles", puntualizou. 
Ademais, para Martiño Noriega a campaña reflectía "datos obxectivos" que cre que os cidadáns quererán coñecer, máis agora tras a prohibición á pegada dos carteis. "O que está prohibido suscita máis interese", remarcou.

Noriega nunha rolda de prensa
Noriega nunha rolda de prensa | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Sentidiño

Pois haberá que pechar este mes https://www.xunta.gal/portada . Aí nin sequera falan dos logros: as novas (na sección Actualidade da Xunta) están todas redactadas en futuro, como as promesas electorais...

1 Gamela

algúns levan máis dun mes convertidos no Rei Midas e ninguén dixo nada... https://flic.kr/p/RRdQhi