En Marea apraza o "debate profundo" sobre o futuro da organización a xuño, tras as municipais e as europeas

A formación de En Marea, que lidera Luís Villares, acordou aprazar ata despois das eleccións municipais e europeas do 26 de maio o "debate profundo" sobre o "futuro da organización", despois dos "malos resultados" nos comicios xerais, nos que non obtivo representación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/05/2019 | Actualizada ás 14:09

Comparte esta noticia

A formación de En Marea, que lidera Luís Villares, acordou aprazar ata despois das eleccións municipais e europeas do 26 de maio o "debate profundo" sobre o "futuro da organización", despois dos "malos resultados" nos comicios xerais, nos que non obtivo representación. Así o acordou o Consello das Mareas, reunido este sábado, .

Consello das Mareas
Consello das Mareas | Fonte: EP.

En Marea afronta as próximas citas electorais "consciente de obter un resultado moi insatisfactorio no Xerais" pero con "a forza de saber que as mareas municipais son un músculo firme no que sustentar o cambio".

Na súa lectura dos resultados electorais do pasado domingo, En Marea sostén que lle "pasou factura" que os votantes optasen por "concentrar o voto en frear á dereita", sobre todo "en torno ao PSOE", unido á "clave estatal" da convocatoria.

A pesar diso, desde en Marea transmítese "alegría sincera" pola vitoria do bloque progresista e "alivio pola contención da dereita" aínda que se insta ao PSOE a que o resultado electoral se converta "nun goberno progresista desde o primeiro día, porque iso foi o que quería a xente".

A formación de Luís Villares confía en que "as forzas progresistas, as que agora teñen a responsabilidade, faciliten en primeiro lugar unha investidura do candidato da forza progresista máis votada sen demorar dous anos a formación do goberno e que o PSOE entenda que moitos votantes de esquerda lles deron a confianza para un goberno progresista real".

No entanto, o partido mostra a súa preocupación ante a situación con "voz débil" na que quedan os intereses galegos, debido a que "a forte polarización do voto" supuxo un "enorme sacrificio para os intereses de Galicia".

Pero aínda que vincula os resultados ao contexto estatal descrito, En Marea tamén asume que os seus "malos resultados" chegaron nas "peores condicións posibles" tras "un período de inestabilidade interna e dunha ruptura a pouco máis dun mes para as eleccións", coa crise que supuxo a presentación de tres dos seus deputados por outra candidatura, a de En Común-Unidas Podemos en Galicia.

O Consello realizou unha valoración crítica, ao sinalar que "non" foron "capaces de ver a dimensión da polarización e como lles ía a afectar". Ademais, sosteñen que non acertaron no "fío argumental que conectase cunha parte máis importante do electorado".

"DEBATE PROFUNDO" EN XUÑO

O Consello das Mareas abrirá un "debate profundo" no próximo mes de xuño no que "as persoas inscritas reflexionen colectivamente sobre o futuro da organización" e a forma de afrontar con solvencia as eleccións autonómicas de 2020.

Será tras centrarse nas eleccións municipais e europeas do 26 de maio. Despois de que en 2015 xurdisen preto de "medio centenar de mareas municipalistas" --algunhas que nesta ocasión xa se distanciaron de En Marea--, o equipo de Luís Villares destaca que agora xurdiron "moitas novas" ata sumar "case un centenar".

Ademais, xunto cos "aliados" de Compromiso por Europa, en Marea aspira a defender unha "Europa social e democrática", e empraza a todos aqueles que non os votaron nas xerais a que opten agora pola formación para "revalidar" o apoio ás mareas municipalistas" e asegurar nas europeas a "presenza galega en Bruxelas"..

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

4 Gustavo

Pobre Villares: vive nun mundo paralelo, como Nikole Kidman en "Los Otros". Algún día decatarase que enMarea está morta (matouna el) e que esas sombras que ve son "a outra marea", os outros.

1 Fran Correa

Gustavo, servil españolizado, a película orixinal chámase The Others, acontece que os colonizados modernos tanto na política como na cultura entregádesvos ao predicador mediático e ao postureo foráneo para ser máis progres e guais (e algúns trepas súmanse, para prosperar). O dito, onde non hai máis luces, os timadores espabilados aproveitan a feira para timar aos inocentes. E non vou dicir se ti es timador ou timado...

2 Un galego

Ou escríbeo en inglés ou en galego (o título da película). Por certo é Nicole non con "k" como mal escribes.

3 Gustavo

Ouh, pobre de min que son un servil españolizado por poñer o título dun filme en español! (por certo, coprodución española). O que te fode é que critique ao gran líder Villares e á sua panda, e daquela tamén son seguidor de Iglesias e non sei qué máis pecados de españolista colonizado. O que hai que ler!, pero xa sabes, ofende quen pode e non quen quere, nen os pobres demos coma ti.

3 Gamela

Estamos parvos... BNG vota por Junqueras e EnMarea vota por un tal JordiSebastiá ? https://twitter.com/compromisoEU ¿Alguén neste mundo de tolos vota por nós?

2 Caiserlón

Retirarse e pedir o voto para o BNG sería o máis axeitado. E unificarse con el logo das eleccións xunto con todas as outras forzas nacionalistas de cara a un gran partido nacionalista galego. Non hai futuro máis alá sen iso. Galiza primeiro. O novo partido ou plataforma tería 2 anos pra traballar contra o narcopresidente e os madrilegos do psoe.

1 Fran Correa

Rapaz, non te enteras, o Un Grande Partido Galego o hai: chámase UPG!!! O resto, obediencia e a servir a caste elexida!!!

1 regreso al futuro IV

que futuro??? que futuro???