Unha galega á conquista do Pacífico: Comezando nova travesía no Caribe rumbo á Polinesia

Maite Rojo é patroa de barco. Logo de atravesar o Atlántico gobernando un veleiro, agora comeza unha nova aventura no Pacífico. Na sección "Dominando os mares" irá contando o seu día a día desta súa nova travesía mariña que a levará polo Caribe, a canle de Panamá, Galápagos, Marquesas e Polinesia.

Por Galicia Confidencial | Caribe | 09/05/2019 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Outra vez en augas do Caribe, para coller un veleiro e transportalo a través do Pacífico. Despois de 32 horas de avións, aeroportos e unha noite en Guadalupe, chegamos a San Martín no médio do Caribe.

Tripulación do Antares rumbo ao Pacífífico
Tripulación do Antares rumbo ao Pacífífico | Fonte: Remitida

Un veleiro moderno de 70 pés( 20 metros) e construción croata agárdanos para outra aventura. A sua tripulación está composta por unha moza inglesa e un mozo mallorquín, e duas persoas mais un croata (que foi antiguo capitán do barco e compañeiro de estudos de navegación) e eu para botar unha man e navegar todas aquelas millas que temos por diante.

Botamos catro días para preparar o barco, onde examinamos a conciencia cada rincón para non ter problemas.  O veleiro ten varios xogos de velas, así que cambiamos dunhas velas de regata para unhas de pano forte para a travesía.

Saímos co coñecemento de que teremos mal tempo na costa das Antillas holandesas. Primeiro tramo será dende San Martín o porto de Marigot, ata Panamá. 1100 millas se seguimos en línea recta. 

Despois de navegar o redor da Costa, conseguimos arranxar o piloto automático para non ter que estar sempre levando o barco a man pois con tantas millas pode ser agotador e non temos tanta xente a bordo.

Maite Rojo capitaneando un novo buque, o Anteres
Maite Rojo capitaneando un novo buque, o Anteres | Fonte: remitida

A ruta nos leva nun bordo amurados a babor, ou sexa recibindo o vento pola esquerda e quedando as velas a derrota mirando a diante. Chegamos das illas a outra parte da Costa de Venezuela e ás illas de Aruba e Curaçao.

Alí collemos máis vento e oleaxe xa esperado. Con 35/37 nudos de vento fixemos entre 19/20.6 nus de velocidade co barco. Pero coas ondas é difícil de manter no rumbo. Así que con dificultades e de noite, baixamos a maior e ainda así, só coa Xenova ( ou vela de proa) facemos 10 nus de velocidade. É emocionante, se non o vira cos meus ollos non acreditaría .

As nosas guardias son individuais durante o día e por parellas de noite, durmindo sempre entre 3 e 4 horas. Ao pasar Barranquilla trasloitamos o barco e seguimos co rumbo directo a Panama, xa con mellor tempo e menos ondas. 

O último día acendemos motor para acelerar a chegada.  Despois de 5, 5 dias de travesía chegamos ás 6:40 da mañá, pero cunha hora menos no reloxio. Amarramos, arranxamos cabos, basura fora, encher de auga os tanques e mensaxes para a familia.

Merecido descanso despois dunha comida na que non temos que soster o plato na man.

Nun par de dias cruzamos o Canal de Panamá. Estade atentos que virán máis historias con máis millas navegadas na dirección do Pacífico.

Graciñas a tod@s por ler estas liñas. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta