Satse esixe ao Sergas que enfermeiras e fisioterapeutas cobren o plus de 800 euros que perciben os médicos

Denuncian "inxusto agravio comparativo" co colectivo médico.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/05/2019 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

O Sindicato de Enfermaría Satse reclamou ao sergas que "se valore e compense" a dedicación exclusiva das enfermeiras e fisioterapeutas que traballan no Servizo Galego de Saúde, coa remuneración do 70% do que "desde hai anos" perciben os médicos, e que se correspondería cuns 600 euros ao mes.

Nun comunicado, Satse explica que o persoal médico cobra "ao redor de 800 euros máis ao mes" por comprometerse a traballar de maneira exclusiva para o Sergas. Pola contra, "ás enfermeiras, enfermeiros e fisioterapeutas négaselles dito complemento de exclusividade de forma tallante e, ademais, teñen que asinar un documento polo que declaran que non traballan noutro lugar que puidese xerar incompatibilidade".

A xuízo da organización sindical, trátase dun "inxusto agravio comparativo" entre os distintos profesionais que prestan os seus servizos no Segas, que "prexudica claramente ás enfermeiras, enfermeiros e fisioterapeutas". "Nalgúns aspectos, como é o da dedicación exclusiva, está a propiciarse que haxa profesionais de primeira e de segunda, o cal é algo totalmente reprobable para Satse", explican.

A secretaria xeral de SATSE Galicia na sede de Vigo.
A secretaria xeral de SATSE Galicia na sede de Vigo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta