A Audiencia de Pontevedra condena a un home a sete anos de prisión por tentar matar o fillo da súa esposa

O acusado, militar retirado, tentou disparar pero a arma non fixo lume. Chegou a un acordo coa fiscalía no que admitiu os feitos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/05/2019 | Actualizada ás 14:23

Comparte esta noticia

A Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a Fernando Constante M.S. a unha pena de sete anos de prisión polo intento de homicidio do fillo da que era a súa esposa. O acusado chegou a un acordo coa Fiscalía admitindo a autoría dos feitos que lle imputaban a cambio dunha rebaixa na petición de penas, inicialmente de 14 anos de prisión e finalmente de seis anos, por un delito de homicidio en grao de tentativa. Tamén rebaixou de tres a un ano a pena por tenencia ilícita de armas, pola posesión do revólver co que disparou.

No fallo tivéronse en conta como agravante o abuso de superioridade e a circunstancia atenuante de confesión, pois recoñeceu os feitos antes do xuízo.A sentenza, que xa é firme e contra a que non cabe recurso, tamén lle condena a indemnizar á vítima con cinco mil euros por danos morais.

O tribunal entende como feitos probados que o 3 de setembro de 2017 o acusado atopábase no municipio de Soutomaior no domicilio que compartía coa súa esposa e o fillo desta, cando comezou a increpar á súa muller acusándoa de manter unha relación incestuosa co seu fillo.

Fernando Constante, que é militar retirado, foi a por un revólver que tiña na casa e apuntando cara ao fillo da súa esposa apertou o gatillo, pero a arma non fixo lume. Nese momento, a muller empuxou ao home de forma que apartou a arma que apuntaba ao seu fillo, xusto antes de que apertase o gatillo por segunda vez.

O disparo impactou no teito. Na sentenza tamén se lle impón unha orde de afastamento da súa vítima durante oito anos e a prohibición de portar de armas durante seis anos.

Audiencia Provincial de Pontevedra.
Audiencia Provincial de Pontevedra. | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta