Nace o Clúster da Función Loxística de Galicia, sector que representa o 3,9% do PIB galego

A Xunta destaca a importancia da colaboración público-privada para impulsar a loxística galega.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/05/2019 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

A Cidade da Cultura acolleu este xoves o acto de constitución do Clúster da Función Loxística de Galicia, no que participan a Xunta a través da Consellería de Economía xunto con empresas e entidades do sector como Kaleido, Gadisa, Trotansa, Ence, Finsa, Fillos de Rivera, Delta Vigo e a Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa.

O clúster ten como obxectivo apostar pola optimización na organización da provisión e o transporte de mercadorías para permitir desenvolver o potencial dun sector que representa o 3,9 por cento do Produto Interior Bruto da economía galega a través de 12.000 ermpesas que dan emprego a unhas 50.000 persoas , segundo sinala a Xunta a través dun comunicado con base nos datos que manexa o IGE.

O director do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Juan Cividanes, participou no acto de nacemento do clúster, onde destacou a colaboración "público-privada" como o camiño para o desenvolvemento dun sector que afronta na actualidade unha "revolución" impulsada pola globalización e as novas tecnoloxías.

Neste sentido, apuntou que a 'Axenda Industria 4.0' do Goberno galego inclúe a aposta pola coordinación de "un esquema integrado e único" de infraestruturas para así "facer de Galicia unha plataforma loxística atractiva".

Industria 4.0.- Nace o Clúster da Función Loxística de Galicia, un sector que representa o 3,9% do PIB galego. XUNTA
Industria 4.0.- Nace o Clúster da Función Loxística de Galicia, un sector que representa o 3,9% do PIB galego. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta