O PSdeG podería gobernar en seis das sete cidades galegas

Unha enquisa pronostica cambios de goberno en Santiago, A Coruña, Ferrol e Ourense. En Vigo, Lugo e Pontevedra repetirían os mesmos alcaldes con máis forza que a actual.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/05/2019 | Actualizada ás 22:57

Comparte esta noticia

Estas eleccións municipais poderían supor unha gran viraxe no mapa municipal das grandes cidades. Segundo unha enquisa que publicará este domingo La Voz de Galicia, o PSdeG podería facerse cos gobernos de Santiago, A Coruña, Ferrol e Ourense e aumentaría o seu peso nas alcaldías de Vigo e Lugo. A única cidade que quedaría fora da influencia socialista sería Pontevedra, onde aumentaría Fernández Lores.

Segundo esta enquisa, Marea Atlántica, Compostela Aberta e Ferrol en Común serían os principais prexudicados da xornada electoral do 26 de maio xa que poderían perder os gobernos da Coruña, Santiago e Ferrol. Tamén o PP que podería perder a cidade de Ourense, aínda que podería gobernar en Ferrol senón hai un acordo entre os partidos da esquerda.

De confirmarse estes resultados, o PSdeG sería a forza máis beneficiada e recollería parte do éxito electoral colleitado nas pasadas xerais xa que subiría en todas as grandes cidades. En Vigo, ademais, ampliaría a súa maioría absoluta.

Pedro Sánchez, nun mitin en Vigo. PSOE
Pedro Sánchez, nun mitin en Vigo. PSOE

No lado contrario estarían populares e os chamados gobernos do cambio, con fortes descensos. Ciudadanos avanzaría considerablemente, o BNG subiría lixeiramente e poderían aparecer novas mareas municipalistas. Vox non obtería representación en ningunha das sete cidades.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

5 Harizti

Que ningunha das sete cidades galegas acabe en mans da dereita e que VOX non consiga concelleiro ningún son más novas? Seica non vivo no mesmo país ca o resto dos comentaristas.

4 Bea

Los que rompieron el gobierno de Ferrol, Angel Mato y Jorge Suárez, podrían gobernar juntos, pero no les llega el número de concejales

3 Uff pixín

Pensar que a morte de Rubalcaba poda influir no goberno dun concello é de necios. Por certo, foi quen salvou a monarquía en agosto con nocturnidade e alevosía, xunto coa ineficacia de podemos, que estaban máis preocupados por buscar ministerios que de acabar con este rexime caduco.

2 Serafín

Se esto se confirma, as figuras que dirixen En Marea e o PcE-Podemos, comenzando polos alcaldes estrelados, deberían ser desterrados á illa de San Simón!!! Desperdiciar unha oportunidade histórica, tirar a ilusión e a esperanza da xente, facer pouco e transmitir menos... Que apestados!!! Que enorme vergoña!!! E si, nunca apostarei polo falsario PsoE, mais debo recoñecelo, os alcaldiños rupturistas merecen desaparecer, por inútiles, por desfacer a opción da Marea galega autónona, por servir o ego supremo de Pablo Iglesias, señorito madrileño que obstenta o título castizo de Marqués de Galapagar de la Sierra!

1 Gamela

de confirmarse estes resultados sería atribuibles ao "efecto Rubalcaba" nunca vimos unha utilización tan partidaria da morte dun profesor de Química Orgánica! Sen que ninguén lembrara siquera que foi quen asumiu tódolos desastres do goberno Zapatero (artigo 135) por non falar siquera do caso "faisán" (?) Honores de Estado en plena campaña electoral...? (semella que en política todo vale con tal de tirar vantaxe!)

1 Serafín

Correcto, e hai que ver como un profesor universitario ascende de categoría sen pisar a universidade en 30 anos, como lle reservan a praza (suponse que en tres décadas hai novidades e avances científicos e que un docente debe estar actualizado), de como inflúe nesa universidade... Logo tamén como Podemos se agacha (co que pensaba de tal grupo o finado, e do propio Sanchez e pactos), da prensa alternativa branqueando o relato (o de eldiario.es foi bestial), até os socios mantidos do BNG calan o esencial (no Sermos copian a crónica de Naiz-Gara, suprimindo a parte incómoda para o PsoE)... Como se fai un héroe a partir da materia gris escura, e como nos idiotizan e manipulan!