Bugallo di que el se presenta para sacar maioría absoluta en Santiago de Compostela

Di que el se presenta para "gañar".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2019 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

O candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, subliñou que el se presenta ás eleccións municipais do 26 de maio para "gañar" e destacou que a súa "aspiración" é sacar "13 edís".

O que xa foi alcalde da capital galega durante máis dunha década pronunciouse deste xeito ao ser preguntado polas enquisas publicadas este domingo por La Voz de Galicia', que apuntan que o PSOE podería recuperar a Alcaldía compostelá, ao pasar dos 4 edís de fai catro anos a 10, mentres que o actual rexedor Martiño Noriega baixaría de 10 a 5. O PP quedaría en 6 concelleiros e afastaríase do poder nunha corporación na que o BNG repetiría con 2 e entraría Cs con outros 2.

Respecto diso, nunha rolda de prensa celebrada este luns, Bugallo incidiu en que a súa é unha "candidatura concibida para gañar". "Somos un partido de Goberno, unha candidatura concibida para gañar a confianza dos cidadáns de Santiago e deles imos depender. Non dou por feito nada nin descarto nada", manifestou.

Neste sentido, defendeu que o "pobo é soberano" e que o día 26 decidirá. "Nós temos a responsabilidade de administrar o resultado, gústenos máis ou nos guste menos, en beneficio da cidadanía, porque somos servidores da cidadanía de Santiago", apuntou.

Todo iso nunha rolda de prensa na que se referiu a a presentación da súa candidatura no pasado mes de novembro. "Entoes eu tiña unha visión máis optimista da que tiñades todos os que mirabades para min", manifestou. Por iso, tras deixar clara a súa "confianza absoluta" nos cidadáns, asegurou que "hoxe parece máis realista" o que dicían en novembro. "Hai un diagnóstico que é compartido pola gran maioría de cidadáns", apuntou.

Rolda de prensa de Bugallo
Rolda de prensa de Bugallo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

existe algo chamado xubilación, algúns non saben deixar paso nin a tiros ! https://i.gal/AbelCity