Buscan á exparella da muller apuñalada en Vimianzo

A vítima atopábase no seu lugar de traballo cando foi agredida pola súa exparella cun coitelo este mércores pouco despois das 9:00 da mañá.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/05/2019 | Actualizada ás 13:04

Comparte esta noticia

Un gran despregamento da Garda Civil busca desde primeira hora da mañá deste mércores á exparella dunha muller que foi apuñalada en Vimianzo (A Coruña) e que permanece en estado grave. Segundo confirmaron a Europa Press fontes da Garda Civil e municipais, así como o delegado do Goberno, o operativo de procura permanece activo e nel participa un helicóptero da Garda Civil e varias patrullas.

Os feitos sucederon pouco despois das 9,00 horas da mañá deste mércores fronte ás oficinas de Unións Agrarias en Vimianzo, onde traballa a vítima, cando a exparella da muller se presentou no lugar armado cun coitelo e a apuñalou no pescozo. Posteriormente, fuxiu do lugar nunha furgoneta branca, que agora busca a Garda Civil.

A muller, con feridas graves, foi trasladada polo helicóptero medicalizado do 061 ao Hospital Clínico de Santiago, onde permanece en estado crítico. Os feitos causaron unha gran conmoción no concello coruñés, onde a vítima e o presunto agresor, fontaneiro de profesión e candidato á alcaldía nas pasadas eleccións municipais, "son moi coñecidos".

Membro da Garda Civil
Membro da Garda Civil | Fonte: GARDA CIVIL - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta