As reservas dos grupos sanguíneos 0+ e A+ seguen baixas en Galicia

Para poder atender as necesidades dos centros sanitarios galegos son necesarias 500 doazóns de sangue cada día.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/05/2019 | Actualizada ás 10:31

Comparte esta noticia

As reservas dos grupos sanguíneos Cero positivo (0+) e A positivo (A+) seguen en nivel baixo en Galicia, mentres que as da negativo (A-) atópanse en nivel bo e as de Cero negativo (0-) están normais, segundo a información facilitada este xoves pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS).

En concreto, ADOS lembra que para poder atender as necesidades dos centros sanitarios galegos son necesarias 500 doazóns de sangue cada día, polo que subliña a importancia de acudir a doar de todos os grupos sanguíneos.

Co fin de facilitar a doazón, este luns, 20 de maio, ADOS desprazará unidades móbiles aos municipios coruñeses das Somozas --diante do Concello--, Culleredo --Praza de Europa no Burgo--, A Coruña --empresa Naturgy-- e Santiago --Praza Vermella--.

Tamén o luns haberá unidades móbiles nas localidades pontevedresas de Sanxenxo --á beira do colexio en Portonovo--, O Grove --Praza do Corgo-- e Vigo --rúa Príncipe, xunto ao farol--.
Así mesmo, o luns 20 acudirán unidades móbiles de ADOS ao municipio lucense de Ourol --xunto ao Consistorio-- e á cidade de Ourense --Avenida Buenos Aires, fronte ao SPAR--.

Doazón de sangue área sanitaria Pontevedra e O Salnés. XUNTA
Doazón de sangue área sanitaria Pontevedra e O Salnés. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta