Temas: ENCE PONTEVEDRA

Ence asegura que non trasladará a fábrica de Pontevedra cando finalice a concesión e volve cargar contra o PSOE

Considera que "non existen localizacións alternativas" en Galicia e que "non é viable economicamente".

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 16/05/2019 | Actualizada ás 20:09

Comparte esta noticia

Ence Enerxía e Celusola subliñou que non trasladará a fábrica de Pontevedra cando finalice a concesión ao considerar que "non existen localizacións alternativas" en Galicia e que "non é viable economicamente".

ENCE, na ría de Pontevedra
ENCE, na ría de Pontevedra | Fonte: juantiagues en Flickr.

A compañía acusa o candidato do PSOE á Alcaldía de Pontevedra, Agustín Fernández, de "desinformar" os cidadáns ao expor a creación dunha mesa de negociación para o traslado da factoría a outra localización se é posible na comarca de Pontevedra.

"Non é posible construír unha nova fábrica que cumpra os requisitos de rendibilidade mínima que esixe a súa viabilidade", sinalou o delegado de Ence en Galicia, Antonio Casal, que lembra que o sector da celulosa é un "mercado mundial altamente competitivo" polo que "unha fábrica necesita uns custos que aseguren a súa supervivencia".

"E as condicións necesarias para iso, lamentablemente, non se dan", incide para asegurar que se pode operar neste mercado cunha plante existente con investimentos para manter a súa competitividade e o seu comportamento ambiental.

Ademais, Ence sinala que o investimento nunha nova planta, que supón uns 700 millóns de euros, non se pode rendibilizar. "A madeira en Sudamérica crece o dobre de rápido e costa un terzo do que en Galicia, e a man de obra unha cuarta parte", apunta.

Neste sentido, a compañía incide en que "xustificou pormenorizadamente e de forma transparente que non hai unha localización alternativa viable desde un punto de vista técnico ou económico para construír unha nova fábrica de celulosa en Galicia".

"Todas as plantas de celulosa do mundo dun tamaño similar á de Pontevedra están no bordo dun océano, dunha ría, dun fiordo ou dun río con caudal como o Ródano, o Rin ou o Paraná", apunta.

Por último, a compañía puxo de novo de manifesto que o peche da súa fábrica de Pontevedra e, "ante as limitacións da biofábrica de Ence en Navia", provocará a "perda de emprego de máis de 5.100 familias de Galicia".

Temas: ENCE PONTEVEDRA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta