Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/05/2019 | Actualizada ás 19:35
A candidata do BNG á Alcaldía de Santiago, Goretti Sanmartín, destacou, como balance da primeira metade de campaña, a alta receptividade ás propostas do BNG e o traballo "moi en positivo" cunha "importante presenza nos barrios". "Santiago é un diamante en bruto e imos transformalo nun concello BNG: inclusivo, integrador e vertebrado", afirmou.
Durante estes días, dixo Sanmartín, os representantes do BNG atoparon "moi boas vibracións e enerxía positiva" que lles "traslada o conxunto dos veciños", para os que o BNG "é un referente de saber facer e un modelo xa experimentado para transformar os concellos e cidades" de Galicia.
Nesta segunda semana de campaña, Goretti Sanmartín avanzou que o BNG intensificará a presenza nas rúas e o "contacto directo" cos veciños de Santiago para "seguir trasladando" a mensaxe "en positivo" das súas propostas para construír un modelo de concello "inclusivo, integrador e vertebrado, pensado para as persoas e que garanta os mesmos servizos e dereitos independentemente de onde residan".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.