Feijóo culpa o PSOE do "espectáculo" no Congreso dos deputados independentistas presos

O presidente do PP de Galicia pide o voto a quen noutras eleccións optasen polos socialistas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/05/2019 | Actualizada ás 17:28

Comparte esta noticia

O presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, pediu o voto este martes a quen noutras eleccións optasen polo PSOE e aos "moitísimos socialistas que non estean de acordo co espectáculo" visto esta mañá cos presos do 'procés' como deputados electos na sesión de constitución das Cortes xerais.

Feijóo, de campaña
Feijóo, de campaña | Fonte: Europa Press

"Ver a eses políticos independentistas, como rin de todos no Congreso e no Senado, como din que hai que construír a república catalá no mesmo momento que xuran ou prometen a Constitución porque non a van a cumprir nunca", criticou o tamén presidente da Xunta durante un mitin en Viveiro (Lugo) no que volveu sinalar o PSOE como responsable do que en realidade son decisións xudiciais baseadas na legalidade.

Por iso, e tras asegurar que hai "moitísimos socialistas que se senten españois", Feijóo suxeriu que "hai que pedirlles o voto" para o PP nas próximas eleccións municipais.

Mirando cara ao candidato popular á Alcaldía de Viveiro, Óscar Rodríguez, o líder do PP galego garantiu que eses votantes do PSOE "estarán moito máis seguros" con el á fronte do goberno local que coa actual rexedora socialista, María Loureiro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Pitito

E mellor o espectaculo que dan os da Gurtel, os dos Eres andaluces ou os amigos de Marcial Dorado...