Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 21/05/2019 | Actualizada ás 18:24
O alcalde da Coruña e candidato á reelección por Marea Atlántica, Xulio Ferreiro, restou importancia ao feito de que o líder de Podemos, Pablo Iglesias, non estea na cidade coincidindo coa súa visita a Galicia este mércores.
"Eu non estou nas cousas de intendencia de campaña", respondeu, a preguntas dos xornalistas coincidindo cun acto de Marea Atlántica na cidade herculina.
"O que se presenta ás municipais son eu", apostilou tamén para asegurar que, por iso, está "a patear" a cidade e facendo campaña xunto ao resto de membros que integran a súa candidatura.
"Entendo que haxa persoas que se sentan máis comodas presentando ás municipais a Pedro Sánchez ou Núñez Feijóo, pero o importante é que sexa eu quen faga campaña e o resto da miña candidatura", sinalou en alusión ás candidatas do PSOE e do PP na cidade.
Por outra banda, asegurou que se Pablo Iglesias acode ou non á cidade herculina en campaña é "máis cuestión mediática que real", incidindo en que non se trata dalgo que "lle importe á xente".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.