A ministra confirma que o estatuto electrointensivo chegará a tempo para salvar o prazo de Alcoa

Reyes Maroto confirma que existen "ofertas viables" de posibles compradores.

Por Europa Press / Redacción | AVILÉS | 21/05/2019 | Actualizada ás 21:22

Comparte esta noticia

A ministra de Industria en funcións, Reyes Maroto, confirmou este martes en Avilés, que o estatuto electrointensivo legará a tempo para salvar o prazo de Alcoa e realizar a poxa de interrompibilidade enerxética. "O estatuto chegará a tempo, teremos estatuto", asegurou.

Imaxe dunha manifestación de Alcoa na Coruña
Imaxe dunha manifestación de Alcoa na Coruña | Fonte: Europa Press.

Maroto realizou estas declaracións no centro sociocultural dos Canapés en Avilés, onde mantivo reunións cos comités de empresa de Arcelor e de Alcoa, e despois interveu nun mitin do PSOE onde estivo acompañada do candidato á presidencia do Principado, Adrián Barbón, e a candidata á alcaldía de Avilés, Mariví Monteserín.

Os prazos esgótanse. O 31 de maio Alcoa debe ter unha oferta vinculante enriba da mesa sobre a compra das dúas plantas de Avilés e A Coruña. "Avaliamos as ofertas, os compradores están a visitar as plantas, e na mesa do seguimento do martes haberá mais detalles, aínda que hai ofertas viables", apuntou Maroto.

No mes de xuño celebrarase a poxa de interromplibildade enerxética, con todas as empresas electrointensivas da comarca avilesina expectantes. "Debemos definir unha pinza de prezo de enerxía no estatuto, sairá a poxa de interromplibildade en xuño, e teremos un marco estable na industria electrointensiva", engadiu a ministra.

Outra medida do Goberno central é defender a siderurxia a través de Europa. "Comprometémonos con Arcelor para defender a siderurxia co imposto ambiental para levalo a Europa. Pedimos eliminar os aranceis do aluminio", manifestou Maroto.

Ademais, a ministra quixo anunciar en Avilés o lanzamento por parte do seu goberno do Mapa da España Industrial. "Con este mapa dotaremos os polígonos de mellores ferramentas, con fibra óptica, puntos limpos, para captar novos investimentos, e modernizar o sector", sinalou Reyes Maroto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta