Temas: CRTVG

A CRTVG tivo un superávit de 2,1 millóns de euros e custa 35,8 euros ao ano a cada galego

O director da Corporación da Radio e Televisión de Galicia pon en valor a eficiencia na xestión do ente público.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/05/2019 | Actualizada ás 15:55

Comparte esta noticia

O director da Corporación da Radio e Televisión de Galicia (CRTVG), Alfonso Sánchez Izquierdo, puxo en valor a eficiencia na xestión do ente público, que pechou o ano 2018 con 2,1 millóns de euros, cunha situación de resultados positivos que se reproduce desde o ano 2009 e que situou como unha "garantía da sustentabilidade futura da organización".

Unidade móbil da Televisión de Galicia (TVG).
Unidade móbil da Televisión de Galicia (TVG).

Na presentación das contas anuais da CRTVG no transcurso da Comisión celebrada no Parlamento de Galicia, Sánchez Izquierdo incidiu no "compromiso da dirección co saneamento das contas" e na "actuación decidida" sobre a situación que levara á CRTVG a unha situación financeira "débil, os déficits de tesouraría, que pasaron dos 51 millóns nen 2009 aos 17,8 ao termo do pasado ano.

Ademais, en canto ao financiamento alleo a través de bancos, houbo unha "desaparición total", pasando a CRTVG de deber 32,3 millóns en 2009 a "non ter débedas na actualidade", nunha situación que "se mantén desde 2013".

O custo por galego do servizo público de radio e televisión baixou aproximadamente un 20%, ata situarse en 35,8 euros ao ano.

No seu balance, Sánchez Izquierdo tamén se referiu a os datos actuais de audiencias, coa TVG como segunda das autonómicas, cunha media de 10 puntos de cota de pantalla --2,1 por enriba da media da FORTA--, que alcanza os 10,8 en horario de máxima audiencia de 20,30 a 24,00 horas.

En canto á Radio Galega, a súa audiencia cífrase en 141.000 oíntes diarios de luns a venres, isto é, unha cota de 18,5% e de 131.000 (18,3%) de luns a domingo. A isto, sumou os datos de Radio Galega Música, con 16.000 oíntes en semana e 18.000 de luns a domingo.

No ámbito laboral, o gasto en persoal do pasado ano alcanzou un valor de 48,8 millóns de euros, similar ao de 2017, nunha mostra da "tendencia de contención". Ademais, resaltou que se está finalizando un plan de saneamento "da xestión laboral", financiado "con recursos ordinarios", que supuxo 39,6 millóns de euros. En canto ao patrimonio neto, situouse ao termo de 2018 "en 42,6 millóns de euros".

Tras relatar estes datos, na súa comparecencia, valorou que o futuro estará determinado pola "sustentabilidade e previsión do servizo baixo criterios de eficiencia nunha contorna de complexidade e incerteza, onde a innovación se presenta como un aspecto crave para revitalizar o servizo, baixo o obxectivo de atender o ritmo das esixencias da contorna prespuestario".

Temas: CRTVG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Gamela

36 € por ver Luar e LandRober ?

1 Knight

Mellor reclamar eses 36 euros que non os 48 mil millóns regalados ós bancos...

2 Knight

Podes reclamar e ingrésanchos en conta.