A área sanitaria de Santiago terá unha plataforma de impresión 3D

Está desenvolvida polo grupo de Investigación de Patoloxía Muscoesquelética do Instituto de Investigación Sanitaria (IDIS).

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/05/2019 | Actualizada ás 19:45

Comparte esta noticia

A área sanitaria de Santiago de Compostela contará a partir do próximo mes de setembro cunha plataforma de impresión 3D desenvolvida polo grupo de Investigación de Patoloxía Muscoesquelética do Instituto de Investigación Sanitaria (IDIS) da capital galega.

Impresión 3D musculoesquelética
Impresión 3D musculoesquelética | Fonte: EP.

O obxectivo deste proxecto multidisciplinar, segundo destaca IDIS, é cubrir as necesidades desta tecnoloxía nos diferentes servizos da xerencia de xestión integrada de Santiago e doutros centros demandantes.

"Esta plataforma estará aberta a outros grupos de investigación, así como a outros institutos, universidades ou centros sanitarios", indicou o doutor Rodolfo Gómez, responsable do grupo encargado do proxecto, que foi presentado nunhas xornadas celebradas no Hospital Clínico de Santiago.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta