O sindicato de enfermaría Satse reclama máis recursos para atender as persoas con epilepsia

Entre outras actuacións, os profesionais de enfermaría "valoran a gravidade das crises epilépticas e actúan ante elas, proporcionando unha contorna segura que evite as lesións e complicacións que estas poden producir", lembra este sindicato.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/05/2019 | Actualizada ás 14:21

Comparte esta noticia

O Sindicato de Enfermaría (Satse) mostrou este xoves o seu "total apoio" ás persoas que sofren epilepsia e reclamou ás distintas administracións públicas que destinen "todos os recursos humanos e materiais necesarios para que conten coa atención sanitaria e coidados que se merecen".

Satse aproveitou o Día Nacional da Epilepsia, o 24 de maio, para pór en valor o traballo que realiza o movemento asociativo para "mellorar a calidade de vida das persoas que sofren esta enfermidade neurolóxica, así como o labor dos profesionais de enfermaría, tanto no aspecto asistencial como no ámbito da educación sanitaria", sinalou nun comunicado.

A epilepsia, lembra Satse, representa "unha das enfermidades neurológicas máis frecuentes", xunto coas cefaleas, o ictus ou a enfermidade de Alzheimer e en España estímase que hai unhas 400.000 persoas afectadas e que un 10 por cento da poboación pode experimentar unha crise nalgún momento da súa vida.

"Para estas persoas e as súas familias, o labor das enfermeiras e enfermeiros resulta moi importante", sinalou Satse. Entre outras actuacións, os profesionais de enfermaría "valoran a gravidade das crises epilépticas e actúan ante elas, proporcionando unha contorna segura que evite as lesións e complicacións que estas poden producir", lembra este sindicato.

En materia de educación sanitaria aos pacientes con epilepsia e os seus familiares, os enfermeiros "ofrecen información sobre a enfermidade, explican as actuacións correctas e as incorrectas a realizar nos momentos nos que se produce unha crise e informan as actividades da vida diaria e as precaucións que deben adoptar", concreta Satse.

Outro aspecto sobre o que Satse considera que "hai que seguir traballando", e no que os enfermeiros tamén colaboran co seu labor de información e sensibilización, "é no de desestigmatizar unha patoloxía que durante moito tempo estivo asociada a crenzas falsas que aínda non están superadas", como "o que puidese ser contaxiosa ou perigosa", conclúe este sindicato.

A secretaria xeral de SATSE Galicia na sede de Vigo
A secretaria xeral de SATSE Galicia na sede de Vigo | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta