A Xunta entrega tabletas aos gardas fluviais galegos "para facilitar as súas tarefas de inspección e vixilancia"

O radio de vixilancia supón un 15.000 quilómetros de ríos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/05/2019 | Actualizada ás 14:32

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto coa directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, mantivo este venres un encontro cos gardas fluviais deste departamento, aos que entregou 32 tabletas que "facilitarán as súas tarefas de inspección e vixilancia" para así lograr "unha maior eficiencia na conservación e protección do medio".

Tal como explicou Vázquez ante a prensa, o servizo de Gardería Fluvial de Augas de Galicia está formado polo persoal de campo encargado de inspeccionar, vixiar e controlar os ríos e manter un contacto directo co medio fluvial e cos usuarios de auga da Demarcación Galicia-Costa, que inclúe a metade noroeste da comunidade e supoñen uns 15.000 quilómetros de ríos.

Neste sentido, Vázquez puxo en valor a xestión e coidado que leva a cabo este colectivo, que cualificou como "absolutamente prioritario" desde o punto de vista "ambiental, paisaxístico, urbanístico e social". Así, indicou que os dispositivos portátiles distribuídos este venres permitirán que os gardas poidan consultar, introducir datos e correccións en tempo real, "o que dinamizará o seu traballo, ademais de aumentar a eficacia dos labores de inspección e visita de campo".

Ademais, explicou que esta ferramenta foi especificamente deseñada para este colectivo, en colaboración co Instituto de Estudos do Territorio (IET), tamén permitirá arquivar toda a información recompilada nas visitas de campo no Sistema de Información Xeográfica e acceder en tempo real á información georeferenciada, dispoñible en Augas de Galicia, e á cartografía.

INFORMACIÓN

"Trátase dun novo instrumento para ter unha información máis precisa do territorio e das zonas inspeccionadas, que facilitará a localización, revisión ou redacción dos informes, repercutindo nunha maior eficacia das funcións e axilizando o traballo de Augas de Galicia", subliñou a titular de Infraestruturas.

Desta maneira, precisou que os dispositivos entregados "son un bo exemplo do fomento da formación" e dun "mellor desempeño das funcións dos gardas fluviais", así como "do coidado e xestión das augas e dos ríos". Tamén destacou que hai que ter presente unha nova cultura fluvial na que a custodia dos ríos non sexa soamente un traballo destes técnicos, "senón un labor de toda a sociedade, entendendo os ríos como espazos que hai que preservar". Así, subliñou a importancia de que os concellos realicen o seu labor neste ámbito.

Fotos Xunta. Reunion Augas.. XUNTA DE GALICIA
Fotos Xunta. Reunion Augas.. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Ethel Vázquez asegurou que na actualidade hai 28 gardas fluviais na Demarcación de Galicia-Costa e que, "a pesar que como conselleira sempre se quere moita máis xente", ao seu xuízo "son un número importante e fan un importante traballo e son moi profesionais e eficaces".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta