Concentración do persoal de Ferroatlántica de Cee e Dumbría para esixir a reactivación dos fornos

A CIG avanza que non descarta promover unha mobilización a nivel comarcal "se non se dá unha solución á parada dos fornos e non se aclaran os plans de futuro que Ferroatlántica ten para as centrais e o complexo industrial".

Por E.P. | A CORUÑA | 24/05/2019 | Actualizada ás 19:01

Comparte esta noticia

Traballadores das fábricas de Ferroatlántica de Cee e Dumbría e das centrais hidroeléctricas concentráronse diante da factoría de Brens para esixir a reactivación dos fornos e denunciar a segregación encuberta que, segundo afirma a CIG, pretende facer a empresa.

Coa protesta, quixeron expresar tamén "o rexeitamento a que se especule coa produción eléctrica e en defensa do futuro industrial da comarca", explica a CIG nun comunicado.

O sindicato avanza tamén que non descarta promover unha mobilización a nivel comarcal "se non se dá unha solución á parada dos fornos e non se aclaran os plans de futuro que Ferroatlántica ten para as centrais e o complexo industrial".

Respecto diso, o sindicato pide á Xunta que faga valer as cláusulas da concesión dos saltos de auga para forzar á empresa a que retome a actividade dos dous fornos parados desde o 1 de marzo xa que, segundo a central, "non existen causas" para o expediente de regulación de emprego temporal (ERTE).

Traballadores de Ferroatlántica. CIG
Traballadores de Ferroatlántica. CIG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta