26M: Repasa as entrevistas cos principais candidatos

Galicia Confidencial estivo cos principais candidatos destas eleccións nas grandes cidades. O gran ausente foi o rexedor de Vigo, Abel Caballero, que argumentou ter unha axenda moi apretada para evitar manter unha entrevista con este medio.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/05/2019 | Actualizada ás 11:06

Comparte esta noticia

Case todos os alcaldes e principais candidatos das grandes cidades abriron algún día a portada do Galicia Confidencial. Este medio fixo entrevistas a dirixentes do PP, ao PSOE, ás mareas e o BNG seguindo a lóxica dos candidatos que teñen posibilidade de selo nas grandes cidades e sen desmerecer a outros doutras formacións aos que pedimos desculpas de antemán por falta de tempo e de medios para cubrir esta intensa campaña. O GC quere agradecer o labor dos xefes de comunicación e dos equipos de campaña dos distintos partidos por facelo posible.

Eleccións municipais
Eleccións municipais | Fonte: EP

Martiño Noriega: “Detrás de Bugallo hai intereses urbanísticos, de grandes contratas e dos dous grandes xornais da cidade”

José Manuel Rey: “A min non me gustaría que viñeran aquí os do meu partido a dicir con quen teño que gobernar”

Pepe Bugallo: “Convencínme de volver presentarme tras dicirmo máis de mil persoas en menos dun ano”

Inés Rey: “Cando me presentei dicíanme que era moi nova, muller, con fillos... Algo que non lle dicían aos meus compañeiros”

Xulio Ferreiro: “Nós temos datos doutras enquisas que non se publican e que din que imos por diante”

Rafa Villarino: “En Ourense están desexando que marche Jesús Vázquez e, de paso, que marche con el Baltar”

Miguel Anxo Fernández Lores: “Por que teño que retirarme da política se estou a gusto?”

Lara Méndez: “Eu non me sentaría a falar con partidos ultras, outros en Lugo non teñen problema en facelo”

Jesús Vázquez: “Polo ben de Ourense eu non descarto pactar con partidos de esquerdas se non gaño”

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta