Rafa Villarino: “En Ourense están desexando que marche Jesús Vázquez e, de paso, que marche con el Baltar”

“É un home de triste figura”. Así de contundente define o candidato do PSOE en Ourense a quen foi conselleiro e agora é alcalde da cidade. Villarino, alcalde en Amoeiro con maioría absoluta, aspira agora a xestionar a urbe máis grande da provincia. Presume de xestión e de partido, “máis unido que nunca”, e acusa a Pachi Vázquez de danar unhas siglas históricas por “ambicións persoais” e de levar “a un montón de xente con el ao abismo político e á desaparición”. De Baltar augara que quedará “só como alcalde de Esgos, e pouco máis” e de Jácome que é unha “personaxe” pero non descarta dialogar con el sempre que sexa polo ben da cidade.

Por Xurxo Salgado | Ourense | 23/05/2019 | Actualizada ás 14:31

Comparte esta noticia

Como ves a campaña porque parece que hai aires de cambio en Ourense, non?

Gonzalo Caballero destaca o compromiso de Rodríguez Villarino coa política en Ourense
Gonzalo Caballero destaca o compromiso de Rodríguez Villarino coa política en Ourense | Fonte: PSdeG

Si, parece que si, porque tanto o PP como o resto de partidos pois, a parte de ser actores secundarios, non están dando ningún tipo de alternativas. 

En todo caso, semella que esa alternativa de esquerdas sería con pactos?

Nós fuximos da palabra pactos. Nós somos xente de diálogo e, chegado o caso, buscaremos acordos, que é unha cousa máis líquida e con máis posibilidades de realizarse. Nós podemos sacar adiante perfectamente un goberno en minoría que vaia sacando acordos puntuais con aquelas outras forzas que coincidan con nós nos programas. Non tesmos porque caer, forzosamente, nun pacto. E, ollo, se as coincidencias programáticas son moitas tampouco fuxiriamos dese pacto. Tamén o digo.

Digo o de pactos porque estase vendo que naquelas cidades nas que non houbo pactos ou acordos de goberno hai moito caos que pode custarlle a alcaldía a algúns dos actuais alcaldes, mesmo aquí en Ourense...

Rafa Villarino nun acto do PSOE en Ourense
Rafa Villarino nun acto do PSOE en Ourense | Fonte: EP

O raro de Ourense, en comparación con todas as cidades que hai en España, é que non houbera orzamentos en catro anos, plan de urbanismo, cultura, servizos sociais... E iso só pasou aquí. Nos demais lugares o que ocurriu houbo diversidade de alternativas pero non houbo tanto caos como houbo aquí en Ourense.

Pois Jesús Vázquez di que oproblema foi que o PSOE non foi un interlocutor válido. Case que vos tilda de traidores porque, por un lado diciades unha cousa, pero logo faciades outra. Que non vos quixechedes involucrar no goberno da cidade

Si home si. Jesús Vázquez é un conselleiro de triste figura que cando pasou por alí sacou aquilo do galego cordial que logo meteu nun caixón por vergoña. É unha persoa que por onde pasa deixa un triste rastro e que no concello non tivo valentía, nin propostas, nin ánimo. Leva catro anos fundindo esta cidade e botándolle a culpa aos demais. Só hai un rexedor que é el e el é o único responsable do que lle acontece a Ourense. E ten tan pouca responsabilidade e tan pouco valor que nin tan sequera iso é capaz de asumir.

E non cres que ao final igual te tes que poñer dacordo con el. Digo polo de Democracia Orensana...

Nós somos un partido de diálogo e de chegar a acordos con todo o mundo. Non necesariamente pactos. Se el quere ser unha persoa leal, se el quere axudar a que esta cidade non estea paralizada pois nós non imos ser quen de bloquear ese acordo. Todo o contrario. Se el quere botar un cable en asuntos puntuais pois adiante, aínda que dubido que a política do PP se converta, así de súpeto, en política de esquerdas. Nós o que queremos é un proxecto progresista. 

E se é ao revés?. É dicir, se el ten a maioría e depende dos vosos votos para normalizar a situación política en Ourense?

Nós imos colaborar, pero non imos coincidir, seguramente, no seu programa político, seguramente, se é que o ten. Eu pensei que as ocurrencias estaban só do lado dalgúns partidos que son sen estrutura, e sen historia, pero doume conta de que o PP pásalle o mesmo. Nós, se en todo caso acontecera iso, que a día de hoxe parece moi pouco factible, pois nós somos un partido de estado, de goberno e de cidade e que colabora sempre.

Por certo, ti es de Amoeiro e chegas agora a Ourense a tentar facerte coa alcaldía. Cres que a experiencia de Amoeiro che pode axudar en Ourense?

Sen dúbida. Son 12 anos de experiencia gobernando, claro que si.

Dígocho porque o outro día facíalle a mesma pregunta a Martiño Noriega que é alcalde de Santiago e antes de Teo. E el constataba que gobernar Santiago non era o mesmo que gobernar Compostela. Ti cres que podes facer en Ourense o mesmo que en Amoreiro?

Eu penso que Ourense non é Amoeiro, desafortunadamente.

E por que iso de desafortunadamente?

Porque ógalla estivera Ourense como está Amoeiro. 

 

"Se Ourense se parecera a Amoeiro a xente estaría contenta"

E cres que ti es quen de facer de Ourense un Amoeiro?

Sen dúbida. Dende logo se Ourense se parecera a Amoeiro a xente estaría contenta. A día de hoxe se  lle preguntas á xente se quere que marche, a resposta vai ser que non. Todo o contrario do que pasa en Ourense que están desexando que marche Jesús Vázquez e, de paso, que marche José Manuel Baltar. Todos dunha mesma tacada. Como din por aí nun adaggio que xa é famoso na cidade e na provincia que di: “se se acaba a deputación de Baltar, unha semana de festa provincial”. Iso é un dito popular que se está facendo famoso. Eu fágome eco do que estou escoitando na rúa.

Xa de paso podías utilizalo de lema da túa campaña?

Non estaría mal, non. Pero a min non me gusta quitarlle a autoría dos demais. Pero xa falando de Baltar, para que o saibas, que é moi amigo das profecías, xa se puxo de número dous en Esgos, e non de catro, e iso é porque se a cousa lle vai mal na deputación, pois fará renunciar ao alcalde e será el o alcalde.

Pero tamén vai como eurodeputado, non?

El aspira a ser alcalde de Esgos que é o máximo ao que pode aspirar. E bastante honroso sería. A ver se gaña algo sen que llo dea o pai.

E volvendo co tema de Amoeiro. Dicías que a xente non quere que marches. Non cres que iso te pode penalizar?

Eu entendo que non vai penalizar nada. Non che entendo ben.

Penalizar no sentido de que es alcalde de Amoeiro e que agora deixas o teu concello para presentarte por Ourense...

Dis por se a xente non me quere?

Digo porque deixas un concello para ir a outro e porque tamén vendes o que tes feito en Amoeiro, a túa xestión nese concello como aval para ir a Ourense, como Martiño fixo cando se presentou para Compostela

Eu vendo xestión, non a de Amoeiro. A xestión que non existe en Ourense. Porque en Ourense non existe nin xestión, nin ideas, nin proxecto. É un deserto ideolóxico de propostas.

Tamén chegas como candidato precedido de certa polémica... Expulsión do voceiro do PSOE na deputación Francisco Fraga, a demisión de Barqueiro. Que pasa aí no PSOE de Ourense?

Pois está pasando que o PSOE está máis forte que nunca. Todos vaticinaban unha catástrofe do PSOE en España e xa ves como quedou nas xerais. Vaticinaron que o PSOE se rompía e está traballando máis unido que nunca. Vaticinaron que se ía romper o partido a nivel pronvincial e, por primeira vez, temos candidaturas en 91 concellos. Iso é o que está pasando. Hai xente que estaba no PSOE por intereses persoais e agora, chegados os momentos decisivos, como non tiñan o poder, pois marcharon. Agora o PSOE é un partido compacto, unido, cohesionado e con autenticidade ideolóxica.

"É moi triste o de Pachi Vázquez cando puido ter un lugar de honra no partido"

Poñamoslle nome as persoas das que falas. Refireste a Pachi Vázquez. Que lle pasou a Pachi?

Iso teno que saber el. Eu nos asuntos persoais non me gusta meterme. Lóxicamente é unha decisión persoal na que non tivo o menor escrúpulo en arrastrar a un montón de xente con el que vai ao abismo político e á desaparición.

Ti que coñeces ou que coñecías a Pachi bastante ben non te parece lamentable o que está pasando con quen foi alcalde do Carballiño, secretario provincial do PSOE, conselleiro e secretario xeral do PSOE?

Sen dúbida. É degradante que unha persoa que podía xogar un papel fundamental no partido se dedique agora a criticar aos compañeiros e que o faga cun partido que só se represeta el mesmo. Visto isto é moi triste cando puido ter un lugar de honra que tería sido moito millor para el.

Supoño que non lle das nada ao seu partido en Ourense, non?

Doulle os bos días e gracias.

Estou vendo que non vai a haber, polo menos a curto prazo, ningún tipo de acordo con Pachi

Acordo en que, senón vai ter ningunha representación.

Non digo polo de ter representación, senón por pechar as feridas abertas, home!!!

Pero as feridas téñenas que pechar aqueles que se adicaron a insultar, a calumniar, a degradar. O partido mantívose con unha posición de respecto social. E imos manter esa posición de respecto. Pero si se dixeron tantas cousas deste partido e de min a nivel persoal que, a verdade, é que a petición de desculpas é obrigada para todas as persoas que ofenden. Nós no imos ofender e considermaos que todo nesta vida é respetable, mesmo, os intereses persoais. 

E se el pide desculpas?

Pois serán aceptadas, sen dúbida algunha... Con toda elegancia

Mira, falabas de Baltar e que haberá cambio na deputación. Tamén cres que pode haber cambio en Galicia, Rafa?

Estou convencido. E é que, por primeira vez na historia de Galicia, o PP tivo menos votos que o PSOE nunhas eleccións xerais. E a tendencia ao cambio é clarísima.

E Ourense vai aportar moito a ese cambio?

Claro que si. Imos ser preza clave neste cambio.

E un señor que tedes aí que se chama Jácome, que vai pasar con el?

As persoas que se presentan dicindo que teñen a verdade absoluta. Que todos os demais minten. Que di que vai fechar a TVG e que lle falta o respecto a todo o mundo penso que debe ter o lugar que merece.

Entón nada de pactos con el como suxeriron que poderías facer ti con el?

Eu repito que nós todo o que facemos é dialogar, mesmo con el. Non podemos ter un discurso e logo facer todo o contrario. Por iso nós imos tentar falar con todo o mundo, pero o diálogo ten que cristalizar e se hai coincidencias programáticas, que é o máis importante, nós pois chegariamos a acordos puntuais.

Estasme dicindo que poderiades chegar a acordos de goberno co apoio deste señor?

Nós poderiamos gobernar con apoios de todo o mundo, sempre e cando haxa coincidencias programáticas. Nós o que non imos facer é bloquear a cidade. Por enriba de todo está rematar coa parálise desta cidade, sempre e cando as propostas sexan coincidentes, por suposto.el fundamental no partido se dedique agora a criticar aos compañeiros e que o faga cun partido que só se represeta el mesmo. Visto isto é moi triste cando puido ter un lugar de honra que tería sido moito millor para el.

Rafael Villarino nun acto do seu partido en Ourense
Rafael Villarino nun acto do seu partido en Ourense | Fonte: PSdeG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta