Lores resiste como alcalde en Pontevedra, mais tería que buscar pactos

O rexedor naiconalista baixa un edil, e PP e socialistas soben un concelleiro cada un respecto das eleccións de 2015. Lores acusa a Feijóo e Ence da perda do concelleiro.

Por Galicia Confidencial | PONTEVEDRA | 27/05/2019 | Actualizada ás 00:26

Comparte esta noticia

O BNG resiste no seu feudo pontevedrés. A dous concelleiros da maioría absoluta, o candidato Fernández Lores, podería repetir como primeiro edil na capital do Lérez. Os datos bailaron entre 11 e 12 concelleiros, mais o certo é que as posibilidades de pacto están aí, se acaso o PSOE cos seus cinco concelleiros está polo labor. 

Miguel Anxo Fernández Lores
Miguel Anxo Fernández Lores | Fonte: Arquivo Galicia Confidencial

Lores, que comezou co seu primeiro mandato nos anos 90 do século pasado, presume de ter cambiado a faciana da cidade. Exhibe o seu traballo mesmo en prensa estranxeira como modelo de xestión e de cidade habitable. Con todo, se vemos o aumento de edís do PP, de 7 a 9, podemos ver un sinal de aviso para Lores. 

O PP puido ter sacado rédito tanto do posicionamento do BNG sobre Ence como do descontento dos e das traballadoras da pasteira. Todo porque o risco a perder os postos de traballo puido ter efecto anti-BNG, logo de que tanto candidatos como membros do goberno Feijóo participasen nas manifestacions a favor da permanencia de Ence na ría de Pontevedra.

O PSOE tamén sube un posto, de 3 a 4, quizais tamén sacando rendibilidade das últimas modificacións legais desde o executivo Central de Pedro Sánchez, sobre a celulosa. Con todo, debemos lembrar tamén que os socialistas poden recuncar na Deputación, un punto moi a favor que poden usar en calquera momento. Ciudadanos repite resultado cun concelleiro, posiblemente un apoio para o PP cando este partido queira porlle freo a Lores. 

LORES

O cabeza de lista do BNG no concello de Pontevedra e candidato á reelección, Miguel Anxo Fernández Lores, atribuíu á "ofensiva bestial na xornada de reflexión" por parte de "Alberto Núñez Feijóo acompañado de Ence e Ignacio Colmenares", en alusión ao presidente do PPdeG e da Xunta e ao da empresa pasteira, a baixada dunha edil con respecto ás anteriores eleccións municipais nas que obtivo 12 concellarías.

"Non nos van a tombar, non van facernos recular sobre Ence, que ten que marcharse da ría", destacou Fernández Lores sobre o suposto efecto da repartición de panfletos por parte de traballadores de Ence sobre os postos de traballo que xera a fábrica e a súa adaptación á lexislación ambiental. "Iso influíu na perda dunha pequena porcentaxe de votos", explicou o candidato nacionalista, que cultivou 16.500 papeletas fronte ás 17.050 de 2015.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta