Temas: VIñO VALDEORRAS

‘Influencers’ do mundo do viño visitan Valdeorras

Un grupo de bloggers, influencers e xornalistas especializados en viños visitarán esta fin de semana, 1 e 2 de xuño, o territorio amparado convidados polo Consello Regulador.

Por X.M. Fernández | Vilamartín de Valdeorras | 29/05/2019 | Actualizada ás 10:20

Comparte esta noticia

Por segundo ano consecutivo, a D.O. Valdeorras organiza un encontro de expertos no mundo do viño que se desprazarán a este territorio amparado para coñecer de primeira man a potencialidade da terra, as súas características e os valores diferenciais dos brancos e dos tintos desta comarca.

DO Valdeorras
DO Valdeorras | Fonte: Ideo

Segundo destaca o presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando, “tras o éxito da iniciativa impulsada o ano pasado, decidimos volver organizar un encontro destas características porque consideramos que esta acción promocional ten un valor de gran retorno e contribúe moi directamente ao fortalecemento da marca Valdeorras”.

Así, pois, esta vindeira fin de semana, 1 e 2 de xuño, coincidirán en Valdeorras bloggers, influencers e xornalistas especializados chegados de diferentes lugares do país como Vigo, Ponferrada, Madrid ou Barcelona. Os 'prescritores' visitarán viñas emprazadas en diferentes puntos da comarca para coñecer por eles mesmos as particularidades do territorio, probarán diferentes seleccións de brancos e tintos da DO e visitarán tamén enclaves de interés turístico como o Mosteiro de Xagoaza.

Temas: VIñO VALDEORRAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta