Temas: ANA PONTóN BNG

O BNG avaliará un por un posibles pactos en municipios e dará un papel "clave" ás asembleas locais

Os nacionalistas celebran que estas eleccións "confirman o avance social" da formación e a consolida " como terceira forza política" no ámbito municipal.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2019 | Actualizada ás 20:59

Comparte esta noticia

A militancia, a través das asembleas locais do BNG, terá un papel "clave" á hora de adoptar as decisións sobre os pactos nos municipios galegos por mor dos resultados das eleccións do domingo. En calquera caso, os acordos serán avaliados "caso a caso" e terán que conformarse "gobernos transformadores" e "en clave de país". Estas son algunhas das conclusións alcanzadas pola Executiva Nacional do Bloque celebrada na tarde deste mércores e que serviu para analizar o escenario aberto tras os comicios do 26 de maio.

A través dun comunicado, os nacionalistas celebran que estas eleccións "confirman o avance social" da formación e a consolida " como terceira forza política" no ámbito municipal. Significativamente, destacan que lograron representación en todas as corporacións do sete cidades galegas, o que non ocorrera en 2015.

De face a posibles pactos naqueles municipios nos que sexan necesarios, o BNG remarcou que traballarán "para evitar gobernos da dereita", aínda que cada municipio será avaliado "caso a caso". "Nesa toma de decisións será clave o papel da militancia a través das asembleas locais", insisten.

En canto ás deputacións provinciais --nas de Lugo, Pontevedra e A Coruña serán clave para que os socialistas revaliden os gobernos--, o Bloque sinala que o criterio a seguir será o do "baleirado competencial" destas institucións e a "eliminación de calquera amiguismo e caciquismo".

Así mesmo, e en referencia aos comicios europeos que tamén se celebraron o domingo, os nacionalistas destacan que se duplicase o número de apoios, o que denota un "notable avance que sitúa ao BNG como terceira forza política en Galicia" no ámbito comunitario.

Fwd: Comunicado Executiva Nacional Bng Pactos Post 26M. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO
Fwd: Comunicado Executiva Nacional Bng Pactos Post 26M. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO | Fonte: Europa Press

Temas: ANA PONTóN BNG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

3 Iago Mira

Non sei como pero o BNG ten que liderar con xenerosidade a iniciativa de botar da xunta ó PP. Se cadra abrindo a porta a todos os galeguistas, falando de país, tentando xuntar e reparar tantas feridas e con visión estratéxica poderíase facer unha grande plataforma nacional onde todos nos sentísemos reprensentados. En ano e medio dá tempo a facer moito se se pon o país por diante. Son as nosas nacionais. O BNG millorou moito a súa presenza, moderou o seu xeito e está a atraer a moita mocidade. Deixémonos de madrileñadas e pensemos coma galegos!

2 límico

A única forza enraizada en todo o país volve agromar esta primavera. O seu crecemento xa é imparabel. Todas e todos estades convidados a botar unha man., para que o vindeiro ano, enviemos ao Feijóo a apagar o lume coa mangueira, ou ao barco do Dorado. Avante toda!!!!! Avante BNG!!!!

1 Xa xa

A subir 300 e pico de votos en catro anos chámanlle "o avance social da formación?? Ufff! Largo me lo fiáis...

1 xacobe

2014: 80.000 votos; 2019: 170.000 votos. Ti mesmo

2 Pertom

Nas europeas obtiverom mais de 170.000 votos, o que os convertiu na terceira força política da Galiza despois de vários anos superando amplamente a suma de Unidas Podemos, En Marea, CxG, etc. Som datos moito melhores incluso que os das europeas do 2009, antes da escissom de Amio. Isso si me parece bastante destacável, ainda que coido que seria um erro deixar-se levar polo triunfalismo. Queda ano e médio para as galegas, pode que menos se hai adianto, e o BNG deverá trabalhar duro se quere construír um projeto sólido que saiba aglutinar o voto descontento coas constantes liortas e divissons da "unidade popular". Queda-lhes moito por fazer, pero as europeas sentam um bo precedente, ainda que insuficiente porque a correlaçom de forças co PSOE segue sendo a que é..

3 Pachi Lucas

O BNG obtivo menos concelleiros e concelleiras que no 2015