Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/05/2019 | Actualizada ás 14:53
O histórico nacionalista Xosé Manuel Beiras acendeu as redes sociais tras publicar na súa conta de 'Twitter' unha mensaxe para referirse a os resultados das pasadas eleccións municipais, no que menciona unha teoría sobre a orixe terminolóxica de Compostela como "depósito de restos humanos en descomposición". E non é a primeira vez que o fai con actitudes erráticas que danan a súa credibilidade e a de proxectos políticos.
"Hai anos, don Ramón Otero Pedrayo explicoume que a etimoloxía de Compostela non era Campus Stellae (Campo da estrela), senón un derivado de 'compositum' (depósito de restos humanos en descomposición). As pasadas eleccións municipais confirmárono", considerou Beiras.
Ao non asociar ese termo a Bugallo ou o PSOE, o seu comentario suscitou numerosas críticas e comentarios negativos por parte de usuarios desta rede social que o asocian a un desprecio á cidade e, por iso, pediron a Beiras que se desculpara. Non se sabe se ese tuit o escribíu o propio Beiras ou alquén que lle leva as súas redes sociais porque tampouco houbo clarificación sobre ese suposto.
Nos últimos comicios municipais, a candidatura do socialista Xosé Sánchez Bugallo alzouse coa vitoria, obtendo 10 concelleiros, seguido do PP, con oito edís, ademais da derrota do ata agora alcalde, Martiño Noriega (candidatura apoiada por Beiras), tras caer Compostela Aberta á terceira praza con cinco edís (a metade dos logrados en 2015).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.