Unha galega á conquista do Pacífico: Desde Panamá navegando a Galápagos

Maite Rojo é patroa de barco. Logo de atravesar o Atlántico gobernando un veleiro, agora comeza unha nova aventura no Pacífico. Na sección "Dominando os mares" irá contando o seu día a día desta súa nova travesía mariña que a levará polo Caribe, a canle de Panamá, Galápagos, Marquesas e Polinesia.

Por Galicia Confidencial | Panamá | 03/06/2019 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Despois duns días para repostar o combustível e facer compra de comestibles e auga en grandes cantidades, tendo en consideración que nas illas de Galápagos estaremos fondeados e todo se fai máis complicado. Pero agora xa estamos listos para a nssa saída ao mar.

Maite nun descanso durante a súa travesía
Maite nun descanso durante a súa travesía | Fonte: remitida

Na miña memoria quedan gravados os contrastes da cidade de Panamá, e estou encantada de poder visitar a cidade vella. Precioso paseo dende as mariñas de La Playita e Flamenco que teñen zoa para camiñar, correr ou ir en bici.

Agora quedan unhas 870 millas náuticas ata a illa de San Cristobal, na que volveremos a repostar e encher o barco de comida fresca.

Calculamos uns cinco días e médio, porque temos un parte meteorolóxico que non augura moito vento, decidindo poñer rumbo sur ao 176/178 grados, contando que incremente o vento nun par de días, para logo poñer rumbo de ceñida, tendo un bo ángulo amurados a babor de camiño a Galápagos.

A saída de Panamá está chea de buques de carga e petroleiros, pero também de cousas que arrastra a corrente coma ramas e troncos. Temos que estar ben atentos de non chocar nada contra o casco.

Ao momento imos a motor porque a distancia non é tan grande, e levamos dous tanques de 400, ou sexa 800 litros de diesel. Ademais levamos algún extra na sentina con garrafas de 20 litros.  O cal nos deixa máis tranquilos para non quedar flotando cando non teñamos vento. O motor a velocidade cruceiro consumirá 11 litros á hora, ou 13 litros cando arrancamos o xenerador para cargar baterías.

ENTRAMOS NO PACÍFICO

Nótase a entrada ao Pacífico, pois xá avistamos baleas, golfiños, peixes voadores e veleta (aquí chamados wahoo) e páxaros ao redor nosa. O océano está vivo. Ademais vai mal tempo, chovendo e ceo gris que nos chama a apagar o motor e durmir co son das ondas. Mais non podemos, todo está tranquilo, sen tráfico marítimo e nós vamos coa xenova en proa e o motor.

Dous días mais tarde seguimos igual,  avanzando millor a media de millas do que esperábamos, as vezes con sol, a maioria con chuvia e ceos grisaceos. Para a rapaza inglesa e para min nos chegan lembranzas da casa e temos morriña.

O vento esperado non sopla, e cando bufa é na mesma dirección na que temos que ir, que non axuda moito, porque ademais temos data de entrada cun axente para pasar unha rigorosa inspección. Agora co motor e o foque en proa facemos 9,5 nudos de velocidade. Xa temos máis de 500 millas e quedan 370.

As nosas gardas son en parellas cada tres horas, e durante o día ó mesmo pero individual. Se é tranquila dame tempo a escriber e ler. Outro deses avances tecnolóxicos que aprendín é que podemos descargar, cada quen, unha aplicación para os nosos teléfonos co que conectar co modem do satélite Iridium a bordo. Así poderemos mandar algunha mensaxe curta ou email a casa, para deixar aos nosos máis tranquilos. Como avanzou a tecnoloxía dende a época dos nosos pais, que recibían cartas unha vez ao mes con sorte!!

E chega o que será o noso último día polo de agora. Catro dias e médio que fan unha media moi boa e superan as nosas expectativas. Con non moita sorte no tema da pesca, pola noite perdemos todo o fio e o anzol, que me xenerou amargura por contaminar o mar e deixar algun peixe amarrado ata que morra (se me viran na miña familia mariñeira e pescadores que dirían!!!...).

O CRUCE DO ECUADOR

Peixes voadores énchennos dun cheiro a podre a cuberta, páxaros fragata e garzas brancas nós apontam as costas cercanas, pero despois de non durmir muito, ven o momento máis emocionante da nosa travesía;  o cruce do Ecuador.

Maite cun dos seus compañeiros na súa travesía polo Pacífico
Maite cun dos seus compañeiros na súa travesía polo Pacífico | Fonte: remitida

Centos ou miles de mariños fan festa na sua primeira vez. Se es novato a tradición é facer un disfraz. Nós improvisamos uns pareos cunhas toallas ao estilo do pacífico e os rapaces fan de piratas, sacamos fotos e vídeos no que vemos Lat. 0'0" que nos pon a pel de galiña e berramos e celebramos cunha copa de cava este intrepido momento tan especial para un mariño.

As dúas da mañán e con problemas nós hidráulicos, temos que arriar a vela de proa e apontamos á entrada de San Cristóbal, onde non hai mariñas e temos que fondear. Non hai surtidores de combustible polo que hai que facelo con xarras e a man, e fanos unha inspección de oito personas de dentro a fora, ata a basura que se recicla e a comida. De feito, non se pode entrar con produtos frescos ou sementes (paréceme xenial que protexan tanto o seu entorno, e nós deberíamos de aprender de zonas, en principio, menos desevolvidas).

Todo absolutamente todo, compensado con creces pola vida mariña e terreste: iguanas, tortugas, páxaros, pingüinos, aves de patas azuis e, por suposto, leóns mariños. De feito, esa noite adormezo co seu son xogando e nadando ao redor do casco. Teremos uns días de arreglar problemas, repostar e aprovisionar pero tamén para descobrir duas ou tres destas marabillosas illas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta