Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/06/2019 | Actualizada ás 17:25
A Xunta e a Fundación Meniños asinaron un convenio de colaboración para pór en marcha dun programa de intervención con mulleres vítimas de violencia sexual en Galicia, que conta cun orzamento de 50.000 euros. O acordo foi subscrito pola secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella e a directora xeral da Fundación, Mónica Permuy.
Conforme ao convenio, a Fundación comprométese a desenvolver un programa de intervención con mulleres vítimas de violencia sexual en Galicia, ás que ofrecerán recursos terapéuticos especializados que posibiliten e melloren a recuperación das vítimas.
As beneficiarias serán as vítimas de abuso e violencia sexual en Galicia así como os seus familiares ou persoas da súa contorna, ademais de equipos profesionais da rede que traballan con vítimas de violencia de xénero, que poderán recibir asesoramento e formación profesional no ámbito da violencia sexual.
A Fundación Meniños é unha organización sen ánimo de lucro, cunha longa traxectoria no traballo de ámbito social, fundamentalmente con menores, pero tamén con mulleres e vítimas de violencia de xénero.
No ano 2018 púxose en marcha unha unidade de intervención, 'LIANA: laboratorio de investigación en apego e narrativa'. Está dirixida a mulleres vítimas de abuso e violencia sexual, a familiares ou persoas da súa contorna, equipos profesionais da rede que traballan con mulleres vítimas de violencia de xénero e que desde xaneiro está en disposición de prestar atención a vítimas da violencia sexual no catro provincias.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.