Voluntarios limparán de plásticos e especies invasoras as praias de Ons

A actividade está organizada por Abanca.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/06/2019 | Actualizada ás 17:55

Comparte esta noticia

Un cento de voluntarios vinculados a Abanca e á súa obra social, Afundación, participarán este sábado nunha acción ambiental para retirar especies invasoras e restos de plásticos de praias das illas Ons, na provincia de Pontevedra.

Illa de Ons
Illa de Ons

Os participantes estarán acompañados do grupo naturalista Hábitat e de persoal do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas, que axudará na organización da limpeza.

A acción desenvolverase en coincidencia co Día Mundial dos Océanos. Unha vez completadas as actividades de limpeza nas praias de Ons, os voluntarios poderán coñecer un pouco máis o arquipélago.

Xa durante o ano 2018 se fixo o mesmo labor nun dos enclaves que integran o Parque Nacional, en concreto, no arquipélago de Sálvora. Ademais, a dirección de Patrimonio Natural participa en iniciativas como o programa Pleamar-Life Intermares, en colaboración co Colexio oficial de Biólogos de Galicia e o Instituto Español de Oceanografía.

Este grupo logrou retirar e eliminar 86 quilos de margarida do cabo e 4.500 rebrotes de eucalipto e acacia do parque, ademais de 50 quilos de pequenos plásticos, envases e papeis.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta