Na maior parte destes campamentos realizaranse actividades nas que serán difícil gardar as distancias de seguridade. En ningún momento, os pregos do concurso piden medidas específicas a este respecto, así como o uso de máscaras ou hixiene de mans.
  comenta   0
Trátase de 30 veciños que teñen segunda residencia na illa. Rosa Pérez: "temos moito traballo en casa, moito que limpar, parece unha selva".
  comenta   0
Coa chegada da fase un permítense grupos de dez persoas nos parques naturais nacionais; pero a Consellería de Medio Ambiente pediu de novo aclaracións posto que segue sen saber cal é o número de persoas que estaría permitido, á vez, nas illas galegas como Ons ou Cíes.
A Consellería de Cultura e Turismo reunirase con outras navieras, despois de que parte do sector pedise tamén un encontro
  comenta   0
Mergulladores do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas da Garda Civil volveron a rastrexar sen éxito este xoves a zona.
  comenta   0
Un mozo de 24 anos de idade e veciño de Bueu faleceu tras sufrir un accidente no pesqueiro no que faenaba na noite deste martes preto das Illas Ons.
Corina Porro volve pedir ao alcalde de Vigo que se some á candidatura de Illas Atlánticas a Patrimonio da Humanidade.
A conselleira de Medio Ambiente afirma que a cota de persoas é "indiscutible e irrenunciable" no seu número.
  comenta   1
A candidatura de Patrimonio da Humanidade que a Xunta e o Concello de Vigo impulsan por separado superou xa as fronteiras viguesesas e involucrou, de cheo, ao Concello de Bueu e aos habitantes e descendentes das Illas Ons que tomaron partido a favor de Abel Caballero nunha nova batalla que acrecenta a guerra institucional que mantén o rexedor vigués co presidente da Xunta.
Lémbralle que a candidatura impulsada pola Xunta non conta co consenso nin de Vigo nin doutros municipios afectados, como Bueu e, por tanto, está "fracasada estrepitosamente".
Dous machos pertencentes ás colonias da illa do Faro, no arquipélago das Cíes, equipáronse cun sistema de vixilancia a través duns dispositivos "ultralixeiros" que permitirán controlar as poboacións do corvo en distintas zonas.
  comenta   0
"Outros cargos poden cesar en cinco minutos", asegura. A Xunta cuestiona a vontade de diálogo do alcalde de Vigo por "faltar á verdade" e mostrar unha "actitude victimista".
Ata o 31 de agosto a cota máxima de polbo será de 210 quilogramos ao día, máis adiante ascenderá ata os 350.
  comenta   0
Un estudo científico identifica partículas de plásticos nas bólas formadas por restos de alimentos non dixeridos e regurxitados polos corvos mariños cristados da colonia de Ons. Os investigadores cren que os restos de nailon e poliéster atopados proveñen dos aparellos utilizados no cultivo de mexillón.
  comenta   0
Di que, durante Semana Santa, só se completou durante dous días o relativo ás Illas Cíes, mentres que o das Illas Ons non se esgotou ningún día nese período.
Entre as novidades, establécese un límite máximo de visitantes para todas as illas en tempada alta e baixa.
No que vai de século afundiron xa máis de cen barcos. Os pesqueiros son os que máis vítimas teñen provocado nos últimos anos. O máis grave foi o do Bahía, con dez mortos.
  comenta   0
Existen rexistros de presenza de ata 70 especies exóticas, aínda que non todas elas son necesariamente invasoras. Doñana é o segundo Parque Nacional máis ameazado pola combinación de cambio climático e invasións biolóxicas.
  comenta   0
A Sociedade Galega de Ornitoloxía presenta alegacións ao borrador do Plan Reitor de Uso e Xestión. Considera "especialmente preocupante a desprotección de áreas de elevadísimo interese ambiental en Ons e Sálvora", censura a explotación turística destes espazos e critica que se ignore a situación real do corvo mariño cristado, "en perigo de extinción".
  comenta   4
O novo Plan reitor de usos e xestión do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia establecerá novas cotas de visitantes.
  comenta   0
En Marea pide explicacións na Cámara pola masificación nalgunhas das súas illas, con máis de 8.000 persoas nun día, e pola falta dun Plan Reitor de Usos e Xestión.
  comenta   0
O Bottlenose Dolphin Research Institute publica imaxes dun exemplar de Balaenoptera musculus de 24 metros en augas de Galicia. O director do centro recoñece a GC que se trata dunha "bomba científica" e salienta que Galicia se sitúa no "mapa mundial dende o punto de vista da conservación de especies tan simbólicas coma esta", en perigo de extinción.
  comenta   0
A sobrevenda de billetes, os problemas laborais dos traballadores, a falta dun plan reitor ou unha política errática na erradicación de especies invasoras están no centro dun intenso debate que podería dar lugar a cambios na Consellería de Medio Ambiente.
  comenta   4
A Xunta acumula incidencias co parque estrela de Galicia. Ás denuncias por sobrevenda de billetes súmase a mala xestión do parque e a sobreexplotación laboral de moitos dos seus traballadores contrasta coas intencións do propio Goberno galego de conseguir 400.000 visitantes. Unhas previsións que non teñen en conta as necesidades reais das illas para poder soportalos.
  comenta   2
Científicos do Parque Nacional das Illas Atlánticas dan a coñecer o achado dun exemplar de Tarentola mauritanica, nunca antes rexistrado nesta zona.
  comenta   0
O Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas promove unha campaña para manter os areais limpos de restos de cigarros.
  comenta   0