Confirmadas máis de 6.000 autorizacións para ir ás Illas Atlánticas entre o 31 de marzo e o 9 de abril

Angeles Vázquez, animou ás persoas que visiten o parque estes días a practicar un turismo "sustentable e responsable"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/03/2023 | Actualizada ás 16:38

Comparte esta noticia

Máis de 6.000 autorizacións foron confirmadas por agora para viaxar ao parque nacional das Illas Atlánticas entre o 31 de marzo e o 9 de abril, segundo os datos da Xunta.

A previsión é que a tempada se peche, segundo precisa, con cifras similares ás de 2022. En concreto, a pasada Semana Santa, unha das épocas do ano nas que se require autorización previa da Xunta para ir a Cíes e a Ons, máis de 14.000 persoas visitaron o catro arquipélagos.

A conselleira de Medio Ambiente, Angeles Vázquez, animou ás persoas que visiten o parque estes días a practicar un turismo "sustentable e responsable" que contribúa a preservar e pór en valor a riqueza natural e patrimonial deste espazo.

Antes de embarcar rumbo a Cortegada, lembrou que tras dous anos marcados pola pandemia da covid, a afluencia ás Illas Atlánticas recuperou xa a normalidade polo que "se espera que nos próximos días volvan ser un dos destinos preferidos para moitos galegos", segundo a consellería.

No caso de Cortegada, unha das illas "menos coñecidas" segundo subliña Medio Ambiente, rexistrou en 2022 un total de 7.762 visitantes, case un 35% máis que o ano anterior. Angeles Vázquez fixo un percorrido en barco pola contorna da illa de Cortegada a bordo do Chasula, un antigo pesqueiro rehabilitado co selo da Carta Europea de Turismo Sustentable e o único barco de madeira que se dedica ao turismo mariñeiro nas Rías Baixas.

Este ano, por primeira vez e mercé a unha subvención de 12.000 euros da Xunta á empresa Intramar-Chasula, ofertaranse rutas de observación ornitolóxica en barco polas Illas Atlánticas e as súas contornas durante todo o ano, tamén en tempada baixa.

Illas Cíes. EUROPA PRESS - Arquivo
Illas Cíes. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta