Protesta fronte á Deputación de Ourense para reclamar a "saída dos Baltar"

Un cento de persoas concentráronse para pedir que o PP non siga gobernando a provincia ourensá, tras perder a maioría absoluta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/06/2019 | Actualizada ás 21:10

Comparte esta noticia

Ao redor dun cento de persoas concentráronse na tarde deste venres fronte á sede da Deputación de Ourense para reclamar a "saída dos Baltar" do goberno provincial tras a perda da maioría absoluta por parte do PP.

Protesta fronte á Deputación de Ourense para reclamar a 'saída dos Baltar'
Protesta fronte á Deputación de Ourense para reclamar a 'saída dos Baltar' | Fonte: Europa Press

Baixo o lema 'Botemos os Baltar', a protesta, realizada en réxime de "autoconvocatoria", foi secundada por unhas cen persoas de todas as idades que se concentraron nun lateral do edificio que acolle a sede do goberno provincial.

A partir das 20,00 horas comezou a chegar a xente ao lugar da concentración. No edificio situado fronte á Deputación colgaba unha pancarta na que se podía ler 'Ctrl+Baltar+Supr'.

A acción prodúcese en plenas negociacións para configuración do goberno provincial, marcadas pola perda da maioría absoluta do Partido Popular ourensán que lidera José Manuel Baltar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 averdadenomeuface