O CDL aposta por "aniquilar a barbarie da tauromaquia" en Galicia

O presidente deste partido de centro-liberal, José Palacín, cualifica de "industria criminal" as touradas.

Por Galicia Confidencial | Porriño | 09/02/2012 | Actualizada ás 20:28

Comparte esta noticia

O  Centro Democrático Liberal de Galicia (CDL) está disposto a erradicar as touradas de Galicia se chega ao poder. Así o manifestou o seu presidente que criticou duramente ao ministro Ignacio Wert por denominar "disciplina artística" ao que "non é máis que un asañamento ignominioso contra un pobre animal, produto dunha mentalidade retrograda, irrespectuosa e insensible".

None

 

Por iso, esta formación amosase disposta a "aniquilar a barbarie da tauromaquia de Galicia" e asegura que "non terá piedade" de desaloxar esta festa de Galicia. "É certo que en Galicia a tauromaquia, afortunadamente, non ten demasiado arraigamento pero mentres se destrozar así a un ser vivo para xúbilo da plebe, a nosa conciencia non quedará tranquila, así que desterremos das nosas fronteiras esta sumarísima crueldade,".

 

E a diferencia do acontecido en Cataluña, este partido anuncia que irá máis alá porque "non haberá moratorias nin indenizaciones para esta industria criminal".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 CranioF

Non concordo coa proibición, pero o cese da subvención pública a este espectáculo absolutamente minoritario sería suficiente para erradicalo ou polo menos para non pagalo dos nosos petos.

1 Pastelau

E estes frikis do CDSL que van gañar as eleicións quen veñen sendo?

1 incio

Supoño que son os nostálxicos de Adolfo Suárez que non foron parar ao PP.