Galicia defenderá no resto do estado o seu modelo de escolas infantís 'Galiña Azul'

No encontro tamén se avaliarán as taxas de pobreza infantil, que no caso galego sitúase no 21,65%,.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/06/2019 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

Galicia exporá nun encontro nacional que se desenvolverá este luns en Sevilla o seu modelo educativo e de xestión das escolas infantís 'Galiña Azul'. Será no marco da xornada 'Investir en infancia para eliminar desigualdades', organizada polo Defensor do Menor de Andalucía e a ONG Save the Children.

A Consellería de Política Social foi convidada o encontro que se desenvolverá na sede da Fundación Cajasol. Acudirá a xerente-adxunta da área de escolas infantís do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Carmen García Campelo, que exporá os investimentos e accións da Xunta para favorecer a conciliación da vida laboral e persoal.

Entre outras cuestións, explicará a situación dos centros Galiña Azul e medidas como a Tarxeta Benvida, o Bono Concilia ou o Bono Coidado, así como a creación de escolas infantís en polígonos industriais ou as Casas Neno en municipios de menos de 5.000 habitantes, que carecen de recursos para nenos de 0 a 3 anos.

García Campelo participará na mesa redonda 'Educación 0-3 para reducir as desigualdades de orixe' xunto con Leire Salazar, profesora-doutora da UNED; José María Ayerde, director xeral de Planificación e Centros da Consellería de Educación da Xunta de Andalucía e Maite Larrañaga, xerente do Consorcio Haurreskolal, que xestiona as escolas infantís do País Vasco.

TAXAS DE POBREZA

Segundo destaca a Xunta, no encontro tamén se avaliarán as taxas de pobreza infantil en cada territorio. No caso galego sitúase no 21,65%, conforme aos datos do Instituto galego de estatística, por baixo da taxa española, que alcanza o 28%.

Ademais, a Xunta pon en valor que a cifra de persoas en situación de extrema necesidade en Galicia reduciuse nun 40% no último ano.

Escola infantil da Galiña Azul en Baiona
Escola infantil da Galiña Azul en Baiona | Fonte: valminor.tv

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Fulge

O que ía ser o berce da inmersión e recuperación lingüística do galego nos cativos e que rematou sendo un medio máis dos ppeiros pra españolizar ós xa poucos nativos que nacen...