O Goberno galego destaca a importancia da investigación para facer fronte á esclerose múltiple

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/06/2019 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, destacou este domingo a importancia da investigación e a concienciación social para mellorar a calidade de vida das persoas con esclerose múltiple.

Así o sinalou Parrado durante a celebración da quinta edición da carreira e camiñada solidarias que organiza a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (Acem), levada a cabo este domingo na capital galega.

Tal como recolle a Xunta nun comunicado, o director xeral agradeceu a solidariedade de todas as persoas que participaron e que colaboraron neste evento e enxalzou o traballo da Acem. Tamén garantiu a continuidade do apoio do Goberno galego á entidade e apuntou que detrás de cada diagnóstico e de cada historial clínico hai unha persoa.

O Goberno galego destaca a importancia da investigación para facer fronte á esclerose múltiple. XUNTA DE GALICIA
O Goberno galego destaca a importancia da investigación para facer fronte á esclerose múltiple. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta