Feijóo pide reformar a Lei Electoral antes que a Constitución para rematar con “partidos chantaxistas”

Evita pronunciarse sobre a situación en Ourense, onde o PP podería apoiar a Democracia Ourensana no concello, a cambio de estabilidade na deputación. Insiste que goberne a lista máis votada en Galicia, pero non en Madrid, onde o PP foi a segunda forza.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/06/2019 | Actualizada ás 15:02

Comparte esta noticia

A prioridade politica non está en reformar a Constitución, senón en reformar a Lei Electoral”. Así de contundente se amosou este xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en contra de moitos dirixentes do seu partido que piden, con urxencia, reformar a Carta Magna.  Unha reforma que, segundo dixo, serviría para “quitar a moitos partidos chantaxistas” do poder e “tería máis efectos que unha reforma constitucional”.

Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta
Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta | Fonte: XUNTA

Pero para o líder dos populares galegos o máis apremiante agora sería reformar a Lei Electoral para evitar que o PP, que foi o partido máis votado nos concellos de Lugo, A Coruña e Ferrol e nas deputacións da Coruña, Ourense e Lugo quede sen presidilas. Por iso, esta formación podería ceder as presións de Gonzalo Jácome, líder de Democracia Ourensana, que pide ser investido alcalde de Ourense, a pesar de ser a terceira forza en votos, para dar o seu apoio a Baltar na deputación. Un pacto que xa dan por pechado a oposición.

Feijóo esquivou ata en catro ocasións na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta as preguntas sobre este pacto e cargou as responsabilidades no PSOE por impedir, dixo, que goberne o partido máis votado. “Esta proposta é limpa, transparente e non caducou”, dixo sobre esta posibilidade que “xa se lle presentou ao PSOE en 2008”. 

"QUITAR A PARTIDOS CHANTAXISTAS"

Por iso, quixo cargar toda a responsabilidade do que aconteza en Ourense nos socialistas por non apoiar este acordo. “Estes plantexamos socialistas retrotráennos a outras épocas pasadas para evitar que o PP goberne en ningún sitio”, suliñou. Deste xeito, insistiu en reformar a Lei Electoral. “É o máis importante agora, máis que reformar a Constitución”, dixo, “especialmente agora que España está ferida desde hai 500 anos e poderiamos quitar a partidos chantaxistas, rula, que teñen poucos votos pero piden moito”, dixo en alusión a formacións independentistas, pero tamén a outras como Vox ou Democracia Ourensana.

“Temos que ter madurez política para que goberne a lista máis votada e sería moi novidoso e moi interesante que esta proposta tivera cabida en Galicia”, dixo. “E apoia entón que en Madrid goberne Carmena e Gabilondo que foron os máis votados ou no Congreso Pedro Sánchez que tamén foi o máis votado?”, preguntoulle GC. Unha pregunta incómoda que Feijóo volveu sortear asegurando que a súa proposta está feita desde o 2008 e que foron os socialistas os que non están interesados en que saia adiante. Por iso, volveu insistir nesa reforma electoral e ir a sistemas que xa hai noutros países europeos como as segundas voltas. “Iso consolidaría unha España máis transparente”, indicou

VOX

Feijóo tamén esquivou as preguntas sobre os supostos pactos do seu partido con Vox en Madrid ou en Andalucía. "Aínda hai negociacións e hai que darlle tempo ao tempo", dixo sobre o que acontece na capital española. Sobre a denominación da ultradereita de "violencia intrafamiliar", asumida polo PP en Andalucía, o líder do PPdeG, dixo que "hai violencia machista e outro tipo de violencias".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 anonimo2783

Feijoó no tiene razón. Los españoles no elegimos, sino que elegimos a los que eligen; de ahí al mercadeo y al enorme poder que tienen los partidos bisagra no hay ni un paso. Este sistema de elección está fijado en varios artículos de la Constirución Española (CE) de 1978, que habría que reformar. En su lugar habría que ir a la elección directa y a doble vuelta de alcaldes, presidente de gobierno y presidentes de diputaciones y autonomías. Curiosamente ninguno de los grandes partidos plantea hacer semejante reforma de la CE de 1978. Ni Mareas, PP, Podemos, PSOE, Vox... quieren ir por ahí. Trevijano, a pesar de sus excesos, tenía razón.

4 lóstrego

Vaite pra Madride, a capital das reformas

3 eusi

Feijojojo pedindo reformas...que nunca inclúen loitar contra a fraude nas eleccións, contra o suborno na política, contra a infamia da PPodremia. Como dicia o Carrabouxo: cuando me valla, mellorareis

2 galegoexiliado

ARTÍCULO 1: O PPartido PPopular debe ser sempre o partido gobernante. ARTÍCULO 2: Os cidadans deben votar sempre ó PPartido PPopular. ARTÍCULO 3: Os votos que non váian ó PPartido PPopular serán anulados. ARTÍCULO 4: En caso de que o PPartido PPopular non sexa o mais votado, aplicarase o ARTÍCULO 1.

1 Moulán

Coas mareas desfeitas, os de podemos galicia (é un decir...) recuando en diputados e en vías de desaparición e evidente que ó narcopresi preocúpalle a liña ascendente do BNG que vai cara a Xunta co psoe en alza. Frijol vai perder o poder e Madrid xa non é territorio amigo. Pelígralle a reserva galaica e está nervioso... Neve?