O V Open Náutico "Esforza" convocará a case 80 deportistas de clubs da Coruña e Ribeira

Tanto as competicións de vela como a de piragüismo diríxense a persoas con diversidade funcional que terán a oportunidade de participar na 11ª Regata de Vela Adaptada-Yatlant 460 e na 6ª Regata de Piragua Adaptada.

Por E.P. | A CORUÑA | 13/06/2019 | Actualizada ás 18:51

Comparte esta noticia

Un total de 76 deportistas de clubs da Coruña e Ribeira competirán desde este venres e ata o domingo na Coruña no V Open Náutico 'Esforza', organizado pola Fundación María José Jove e a Obra Social A Caixa.

A competición engloba as categorías de vela e piragüismo adaptado, así como coa de vela adaptada con acompañante para aqueles regatistas que precisen algún tipo de axuda para o goberno do barco, favorecendo deste xeito que calquera persoa, sen importar as súas capacidades, poida participar neste 'Open'.

Tanto as competicións de vela como a de piragüismo diríxense a persoas con diversidade funcional que terán a oportunidade de participar na 11ª Regata de Vela Adaptada-Yatlant 460 e na 6ª Regata de Piragua Adaptada.

III Open Náutico Esforza na Coruña.
III Open Náutico Esforza na Coruña. | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta