A Deputación de Pontevedra colgará pancartas en recordo das 1.000 mulleres asasinadas por violencia machista

Carmela Silva, trasladou a súa "indignación profundísima" co Partido Popular, Ciudadanos e Vox despois de que adoptasen a terminoloxía de "violencia intrafamiliar" en lugar de violencia machista ou de xénero.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2019 | Actualizada ás 14:43

Comparte esta noticia

O vindeiro luns 17 de xuño o goberno en funcións da Deputación de Pontevedra colgará dúas grandes pancartas na fachada do edificio central para lembrar os nomes do mil mulleres asasinadas en España polo machismo desde 2003, ano no que comezaron a existir estatísticas. Será unha iniciativa "con toda a dignidade dun gran acto", comentou.

A presidenta en funcións da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, trasladou a súa "indignación profundísima" co Partido Popular, Ciudadanos e Vox despois de que adoptasen a terminoloxía de "violencia intrafamiliar" en lugar de violencia machista ou de xénero.

"Ese é un paso atrás intolerable e non llo imos a consentir", asegurou a responsable do ente provincial, que advertiu: "Que saiban que imos saír ás rúas as mulleres", "e cando nós saímos á rúa que trema o mundo". A presidenta da Deputación de Pontevedra lembrou que as mulleres son "o 52% da poboación" e que van "liderar a loita contra estes partidos" xa que "non" van "consentir nin un paso atrás", engadiu.

"Non hai nada máis importante que a loita polos dereitos civís", insistiu. Segundo explicou este venres en rolda de prensa será unha "acción activa contra as violencias machistas que matan as mulleres cuxos nomes non poden caer no esquecemento". Silva sinalou que "esta situación tan grave e dramática interpela a todas as mulleres e os homes para dicir xa abonda".

A Deputación de Pontevedra colgará pancartas en recordo das 1.000 mulleres asasinadas por violencia machista. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
A Deputación de Pontevedra colgará pancartas en recordo das 1.000 mulleres asasinadas por violencia machista. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta