O Parlamento pide promocionar a igualdade entre homes e mulleres nas licitacións e contratos públicos

A medida, impulsada por En Marea, saíu tras se enmendada polo PSdeG.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2019 | Actualizada ás 18:52

Comparte esta noticia

O Parlamento instou ao Goberno galego, por unanimidade dos grupos, a implementar e potenciar de forma xeneralizada nas licitacións públicas e contratos da Administración galega "medidas que establezan condicións especiais para a promoción da igualdade entre homes e mulleres".

Foi na comisión de economía, a proposta de En Marea, que presentou unha proposición non de lei para o establecemento da esixencia dun plan de igualdade en vigor para o acceso das empresas aos concursos de contratación pública. Tras sufrir modificacións cunha emenda do PSdeG, o texto foi aprobado parcialmente, xa que os populares só apoiaron un dos dous puntos.

Por outra banda, na mesma comisión, saíu adiante por unanimidade, tamén con cambios, unha iniciativa do PSdeG coa que a Cámara pide á Xunta que deseñe "no prazo máximo dun ano" un programa específico de apoio ás empresas galegas non exportadoras para a súa internacionalización.

En concreto, neste programa, os grupos reclaman que se coordinen "especificamente" os ámbitos de innovación, da calidade e o deseño e do financiamento. Tamén deste texto foi rexeitado un punto na votación, o primeiro, mentres que saíron adiante o segundo e o terceiro.

Pleno no Parlamento de Galicia
Pleno no Parlamento de Galicia | Fonte: XUNTA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta