A socialista Inés Rey promete ser "a alcaldesa de todos" os coruñeses con "humildade"

É a primeira muller en ocupar a Alcaldía coruñesa na etapa democrática.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 15/06/2019 | Actualizada ás 19:11

Comparte esta noticia

A candidata socialista á Alcaldía da Coruña, Inés Rey, converteuse este sábado na nova alcaldesa da cidade --e na primeira muller en facelo na etapa democrática-- tras obter os apoios necesarios na sesión de investidura celebrada esta tarde no Palacio Municipal de María Pita.

Inés Rey nun acto do PSOE da Coruña
Inés Rey nun acto do PSOE da Coruña | Fonte: cadenaser.com

Fíxoo tras cos votos dos concelleiros que integrarán neste novo mandato o grupo municipal socialista --nove edís-- e co apoio do seis representantes da Marea Atlántica e os dous do BNG, que renunciaron a presentar o seu propio candidato. O PP, con nove edís, votou pola súa candidata, Beatriz Mato, e a concelleira de Ciudadanos, Mónica Martínez, por ela mesma.

Tras tomar o bastón de mando, que lle entregou a concelleira de maior idade, a socialista María Esther Dolores Fontán Prado, Inés Rey acudiu, en primeiro lugar, a saudar á súa familia e emocionouse ao lembrar, no seu discurso, aos seus avós. Despois, prometeu que será "a alcaldesa de todos e todas" e que o fará "con humildade" e con "valentía".

A elección da nova alcaldesa produciuse nunha sesión coa presenza, entre outros, do secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero; o secretario provincial, Valentín González Formoso, e o que foi tamén rexedor da cidade e actual delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada. Tamén estaban os ex-alcaldes Xulio Ferreiro, Carlos Negreira e Francisco Vázquez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta