Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2019 | Actualizada ás 15:22
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, admitiu este luns que "non é o pacto ideal" o asinado entre os populares con Democracia Ourensana (DO) para que o líder desta formación, Gonzalo Pérez Jácome, fose elixido alcalde de Ourense e Manuel Baltar se mantivese ao mando da Deputación. No entanto, asegurou que o acordo "vai ser positivo" tanto para a cidade como a provincia porque permite a "estabilidade" dos seus gobernos.
O número dous do PP galego asegurou que este pacto era "o único" que garantía a "gobernabilidade" tanto do Concello como da Deputación de Ourense. E é que cos escanos de DO na corporación provincial o aínda presidente en funcións, José Manuel Baltar, poderá revalidar o seu mandato despois de perder a maioría absoluta por unha acta.
Neste sentido, Tellado recoñeceu que os populares "non comparten" a forma de Jácome de facer oposición nos últimos anos, pero asegura que "paga a pena facer sacrificios" como a Alcaldía da urbe das Burgas para "chegar a acordos" que garantan "estabilidade", xa que o tándem PP-DO contará coa maioría absoluta no pleno municipal.
O PSOE, O "ÚNICO CULPABLE
Así, o PPdeG insiste en apuntar ao "propio PSOE" como "único culpable" de que o seu candidato á Alcaldía ourensá, Rafael Rodríguez Villarino, non sexa rexedor a pesar de gañar os comicios.
Neste sentido, Tellado volveu lamentar a "negativa" dos socialistas a unha proposta lanzada desde as filas populares e asinada por el mesmo para que os gobernos locais estivesen dirixidos polas listas máis votadas nas eleccións.
Con todo, volveu afirmar que o cogoberno en Ourense garantirá a aprobación do plan xeral de ordenación municipal (PXOM) e dos orzamentos, despois de que no seu anterior mandato, o xa ex-alcalde Jesús Vázquez Abad --quen anunciou que non formaría parte do bipartito con DO--- non puidese sacar adiante ningunha das contas anuais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.