A Xerencia de Xestión Integrada da Coruña investirá de máis de 800.000 euros en centros de saúde da área

Téñense previsto "melloras nos centros de saúde da área sanitaria, tanto no ámbito do equipamento médico e mobiliario como no de obras e reformas".

Por E.P. | A CORUÑA | 18/06/2019 | Actualizada ás 13:56

Comparte esta noticia

A Xerencia de Xestión Integrada da Coruña anunciou un investimento de máis de 820.000 euros "na dotación, renovación e mellora do equipamento" nos centros de atención primaria da área sanitaria. Segundo informa, este gasto realizarase "grazas ao suplemento de crédito do superávit de 2018 autorizado polo Goberno galego para reforzar a Atención Primaria".

Esta dotación, que se materializará ao longo dos próximos meses, permitirá, segundo explica, "melloras nos centros de saúde da área sanitaria, tanto no ámbito do equipamento médico e mobiliario como no de obras e reformas". Entre outras actuacións, destinaranse 74.000 euros a equipar o novo Punto de Atención Continuada (PAC) da Laracha, explica nun comunicado.

Entrada do Centro de Saúde de Cee-Foto-Marcos Rodriguez
Entrada do Centro de Saúde de Cee-Foto-Marcos Rodriguez | Fonte: QPC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta