Por E.P. | A CORUÑA | 18/06/2019 | Actualizada ás 20:04
Marea Atlántica solicitou ao PSOE coruñés "concreción á hora de negociar acordos" de cara á gobernabilidade no Concello herculino. Lémbralle, ademais, que ten unha representación "decisiva" para sacar adiante "políticas que melloren a vida da xente".
En concreto, a formación municipalista insta os socialistas a cambiar "o paso" e a que traslade "avances" na reunión que manterán este mércores, segundo avanza.
Xunto a cuestións como o orzamento, a Marea Atlántica insiste en que existen outros asuntos de "interese" para a cidadanía, entre os que citan os vinculados co cumprimento da Memoria Histórica.
A iso, suma aspectos como o fomento das políticas participativas ou a gratuidade das escolas infantís municipais de cero a tres anos, entre outras.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.