Os científicos piden "non estar ao albur" dos distintos gobernos

A Fundación Gadea, que conta con 277 científicos, preséntase en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2019 | Actualizada ás 14:52

Comparte esta noticia

A fundación Gadea presentouse este mércores en Galicia co lema "sen ciencia non hai economía", que esgrimiu o secretario do seu padroado, Julio Álvarez Builla, e ao que se uniu a conselleira de Educación da Xunta, Carmen Pomar. Tamén o reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López, dixo compartir esta lema, pero avogou por "dar pasos" para que "deixe de ser un tópico baleiro".

No acto, no edificio docente do complexo hospitalario universitario de Santiago, contou coa presenza de expertos como o profesor Ángel Carracedo, referente mundial en xenética. Esta fundación, que conta con 277 científicos, ten por obxectivo "contribuír á mellora e avance do sistema español de ciencia, tecnoloxía e innovación, con especial atención ao papel dos investigadores, as universidades, os centros de investigación e as empresas".

Para o cumprimento dos seus fins, levará a cabo actividades e programas relacionados coa investigación, formación, divulgación, prevención, consultoría, asistencia técnica e financiamento de proxectos, "en todos os campos do coñecemento".

Na súa intervención, Pomar agradeceu a "xenerosidade" aos seus integrantes por dedicarse ao "ben común". No que respecta á comunidade, sinalou que Galicia está "inmersa" nun proceso de "consolidación" do modelo científico, e apostou por "seguir enriquecéndoo" para avanzar "polo camiño da excelencia". Para iso, reivindicou "compromiso" e "esforzo" en forma de partidas orzamentarias.

Pola súa banda, o secretario do padroado da fundación reclamou planificación a longo prazo e apostou por "concienciar" mediante accións encamiñadas a que a ciencia sexa tratada como "algo que non estea ao albur do Goberno" de quenda ou da situación económica dun país.

Conferencia do profesor e doutor Ángel Carracedo en Lugo. PP DE LUGO
Conferencia do profesor e doutor Ángel Carracedo en Lugo. PP DE LUGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta