Nova edición do proxecto Acampa pola paz e o dereito a refuxio en Coruña

Acampa pola paz e o dereito a refuxio incluirá, entre as súas actividades, talleres, conferencias, proxeccións e unha ducia de instalacións e exposicións de pintura e fotografía que se desenvolverán en distintos espazos municipais.

Por E.P. | A CORUÑA | 20/06/2019 | Actualizada ás 18:07

Comparte esta noticia

A Coruña acolle desde este xoves, nos xardíns de Méndez Núñez, unha nova edición do proxecto 'Acampa pola paz e o dereito a refuxio', unha iniciativa de sensibilización e visibilización sobre a situación das persoas refuxiadas. Á súa inauguración, asistiron, entre outros, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey; o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o deputado provincial e alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández.

No acto, Inés Rey apelou, na súa intervención, á "necesaria e colectiva chamada ás conciencias dunha sociedade que non sempre estivo na posición actual --sinalou sobre a emigración-- e que tamén por iso non pode esquecer a solidariedade" expuxo. Pola súa banda, Bernardo Fernández sinalou que, nestes momentos, "en diferentes puntos do mundo, hai máis de 32 millóns de mulleres obrigadas a buscar un futuro mellor para elas e as súas familias lonxe da súa terra", apuntou en alusión ao papel protagonista das mulleres nesta edición.

ACTIVIDADES

Ata o 25 de xullo, Acampa pola paz e o dereito a refuxio incluirá, entre as súas actividades, talleres, conferencias, proxeccións e unha ducia de instalacións e exposicións de pintura e fotografía que se desenvolverán en distintos espazos municipais.

Así, o Quiosco Alfonso acollerá unha mostra con fotografías de Felipe Carnotto, Juan Teixeira, Adrián Irago, e Xosé Abad, e nas exterior instalacións artísticas de Daniel Remeseiro e Andrea Torres. Tamén a Casa da Cultura Salvador de Madariaga mostrará traballos fotográficos de Juan Medina e Sergi Cámara. A pintura terá representación na sala de exposicións de Palexco, a través da obra de Ali Ali, e o debuxo estará presente dentro da Casa Museo Casares Quiroga.

A Coruña acolle unha nova edición do proxecto Acampa pola paz e o dereito a refuxio. CONCELLO DA CORUÑA
A Coruña acolle unha nova edición do proxecto Acampa pola paz e o dereito a refuxio. CONCELLO DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta