Temas: PONTEVEDRA

O Goberno de Pontevedra avanza "cambios profundos" na organización interna do Concello

A responsable da área de Persoal, Carmen Fouces, anuncia que se adoptarán aquelas decisións que sexan "necesarias" para lograr unha administración "máis eficiente".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2019 | Actualizada ás 16:41

Comparte esta noticia

A concelleira responsable da área de Persoal de Pontevedra, Carmen Fouces, anunciou que o goberno local fará cambios "profundos" na organización interna do concello, adoptando aquelas decisións que sexan "necesarias" para lograr unha administración "máis eficiente".

Lores (BNG) colle o bastón de mando do Concello de Pontevedra
Lores (BNG) colle o bastón de mando do Concello de Pontevedra | Fonte: Europa Press.

Fouces explicou que o novo goberno local (de BNG e PSOE) fará "borrón e conta nova" e porá o "contador a cero" nas relacións cos seus traballadores coa convicción de que se poida "chegar a espazos de encontro".

A edil nacionalista sinalou que os problemas están "completamente identificados" e destacou que a intención destes cambios será dar un "bo servizo" á cidadanía, un obxectivo para o que non lle "tremerá o pulso" á hora de adoptar as decisións oportunas.

Neste sentido, o Goberno baralla a posibilidade de nomear novos directores xerais en varias áreas de xestión municipal ou que o Concello poida abrir polas tardes para que os cidadáns poidan facer algunha xestión. Tamén se revisará o funcionamento da administración electrónica.

Temas: PONTEVEDRA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta