Requisadas 2,4 toneladas de sardiña con etiquetaxe irregular na lonxa de Portosín, ás portas da Noite de San Xoán

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2019 | Actualizada ás 17:19

Comparte esta noticia

A Garda Civil da Coruña requisou algo máis de 2,4 toneladas de sardiña con erros na etiquetaxe na lonxa coruñesa de Portosín, ao non estar garantida a súa rastrexabilidade.

Sardiñas na lonxa
Sardiñas na lonxa | Fonte: EP

Os feitos ocorreron durante a inspección realizada nos almacéns desta instalación, dentro dos controis da campaña da sardiña e a escasos días da celebración de San Xoán.

Os efectivos localizaron nun de almacéns sesenta caixas de sardiña paletizada con etiquetas de pesada e rastrexabilidade. Con todo, tras proceder ao pesado, a cantidade non concordaba co apuntado nas etiquetas, polo que foi incautada.

No segundo dos almacéns atoparon dous palets con 48 caixas de sardiña cada un, aos que un empregado colocou tres etiquetas de pesada durante a inspección. Os pesos apuntados tamén eran diferentes dos reais, polo que se procedeu á súa incautación.

As sardiñas foron depositadas nunha cámara frigorífica para a súa posterior entrega a un centro benéfico.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta