GC Aberto

Salvemos a fábrica de lapis de Ferrol

Carta a D. Jesús Rodriguez Pumar, propietario da fábrica de lapis.

Por Maceira | GC ABERTO | 23/02/2012

Comparte esta noticia

Entendo, don Jesús, que, despois de tantos anos de litixio, queira exercer o seu dereito a edificar no solar da  fábrica de lapis. Que queira derrubala para levantar vivendas porque a eso precisamente se adica JERPU,  empresa da que vostede é propietario.  O que xa non entendo tanto é porqué non intenta encaixar o seu proxecto co do Colexio Oficial de Arquitectos  ou  dos expertos en patrimonio  -algún vido de fóra do país-  que recomendan conservar  elementos , sinais de identidade do noso pasado industrial.
Por qué non se chegou a reunir cos que lle querían dar unha visión distinta sobre o tema?  Descubrir porqué Hispania é algo máis que unha ruina ou  unha niñada de ratas.
Nadie do seu arredor soubo explicarlle que unha pala tirando chimenea e fachada da fábrica  non é progreso. Todo ó contrario, é barbarie.  Persoalmente creo que está mal asesorado.  Na vida hai algo máis que cartos e cemento. Pode que incluso economicamente fose máis rentable manter en pé ó imaxinario de Johan Sindel.
De tu a tu, don Jesús,  teño moitos menos cartos que vostede, pero nin polo  doble dos que ten me gustaría pasar á Historia como o home que destrueu un dos bens máis emblemáticos do patrimonio industrial ferrolán.
 
Francisco Maceira
Ferrol
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Sapoconcho

En Galicia non damos aprendido. Logo marchamos a facer turismo e pagamos por ver cousas que tivemos e botamos ó lixo.

2 Puntarnela

A fabrica de lapices E UN EDIFICIO DE GRANDE INTERESE ARQUITECTONICO QUE NON SE PODE DERRUBAR! Suscribo a carta. Unha construccion tan tipica dos anos 50 TEN DE SER PRESERVADA. Como pode permitirse tal burrada en calquera lugar, e ainda menos nunha cidade a que non lle sobran edificios de valor historico? Coidar a Magdalena esta moi ben mais o resto tamen compre salvalo e darlle uso!

1 Hamlet

Subscribo esta carta, escrita coa finezza precisa para éste e outros máis casos que se dan no pais. Lamentábel o daño patrimonial causado...triste o protagonismo do "dono" e o seu séquito de picapleitos.